Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Tui; e Eva Gil, de Galicia Suroeste | Programación Espazos Efémeros
    A creatividade e o produto local serán os protagonistas de Espazos Efémeros, que dende hoxe venres e até o luns se vai celebrar no edificio da praza da Inmaculada de Tui. Dezaoito postos de venda, obradoiros demostrativos e música será o que haberá nestes Espazos, con entrada libre.
    Así nolo contaron hoxe Ana Núñez, concelleira Comercio e Turismo; e Eva Gil, de Galicia Suroeste
    13 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade | Concerto inicio do curso e CEIP de Pazos de Reis
    O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá ás 20 h o concerto inaugural do curso académico 2026/27 da man da Big Band do Conservatorio. Deste evento daba conta na nosa sintonía a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente.
    Por outra parte a concelleira amosou o apoio do Concello de Tui á reivindicación da ANPA e a comunidade educativa do CEIP de Pazos de Reis que solicita unha reforma integral do centro.
    6 min
  • Ent. Rubén López, director do CMUS; e Jacobo González, director da Big Band | Concerto inaugural do curso académico
    Este sábado ás 20 h a Big Band do Conservatorio de Música de Tui ofrece no Teatro Municipal o concerto inaugural do curso académico 26/27. Actuarán 20 artistas con idades entre os 12 e 20 anos e ofrecerán un repertorio variado de clásicos dos anos 80.
    A entrada é libre até completar o aforo. Así nolo contaron hoxe Rubén López, director do CMUS; e Jacobo González, director da Big Band.
    10 min
  • Ent. Artur Trillo, director | Talía Teatro con Un deus salvaxe
    "Un deus salvaxe" é o título da obra teatral que Talia Teatro presenta mañá venres, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Sobre o escenario estarán María Ordoñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, baixo a dirección de Artur Trillo. Precisamente con el coñecemos o argumento da obra e as características desta montaxe teatral.
    As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€, até dez minutos antes do inicio do espectáculo.
    6 min
  • Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon HispaCon 2026
    A música porá o broche final á TuidCon HispaCon 2026 o próximo domingo 18 no Teatro Municipal de Tui. A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto ás 13 h con bandas sonoras de películas fantásticas.
    Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización, detallou hoxe na nosa sintonía a programación completa do domingo.
    9 min
  • Ent. David das Tebras, escritor | Xogos de rol e TuidCon HispaCon 2026
    Cinco serán os xogos de rol que na TuidCon HispaCon 2026 se van celebrar en Tui a próxima semana. O edificio da Praza da Inmaculada acollerá estas cinco partidas durante os tres días da convención, do 16 ao 18 de outubro.
    As prazas para participar nestes xogos son limitadas. A inscrición pode realizarse de xeito gratuíto no correo [email protected].
    David das Tebras, escritor, explicou na nosa sintonía que son os xogos de rol e para quen van dirixidas as propostas en Tui.
    12 min
  • Espazo Comercio | DiSom Tui
    No seu 40 aniversario, DiSom Tui inicia unha evolución e transformación. Dende mediados deste mes será MS Medical Sport, un centro que integra exercicio, prevención, fisioterapia, osteopatía, nutrición, podoloxía, psicoloxía e outras áreas do benestar.
    Hoxe coñecemos esta transformación no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con Eduardo Méndez Sanjurjo, director, xerente e propietario do centro; e Laura Míguez, dietista-nutricionista.
    11 min
  • Ent. María González, presidenta, Aroa Rendo, vicepresidenta, e Lucía Carballido, do Club Remo Tui | Regata Cidade de Tui
    Hoxe martes remata o prazo de inscrición para participar na VIII Regata Cidade de Tui que organiza o Club Remo Tui este sábado día 10. Disputarase na modalidade de skiff nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, e Absolutos. Comezará ás 9.30 h e constará de 400 metros entre a Ponte Internacional e as gradas da rúa Olímpicos Tudenses
    Así nolo contaron hoxe María González, presidenta, Aroa Rendo, vicepresidenta, e Lucía Carballido, do Club Remo Tui.
    7 min
  • Ent. Luis Muiño, psicoterapeuta e divulgador | Charla en Tomiño "Fai match coa túa saúde mental"
    O psicoterapeuta e divulgador Luis Muiño ofrece hoxe martes a actividade "Fai Match coa túa saúde mental" no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, nunha iniciativa impulsada por Avelaíña Saúde Mental en colaboración co Concello de Tomiño.
    Con motivo do Día da Saúde Mental, que este sábado día 10 se conmemora, alumnado do instituto tomiñés recibirá unha charla na que se abordarán cuestións para o benestar emocional, as relacións de apoio ou a importancia de pedir axuda.
    Hoxe conversamos con Luis Muiño sobre a adolescencia, a saúde mental e un acto, para el, revolucionario: escoitar aos e ás adolescentes.
    12 min
  • Ent. Noelia Romero e Andrea Vega, da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete | Programa ADOS
    O Programa ADOS da Asociación Érguete é unha iniciativa deseñada para abordar o consumo de cannabis na adolescencia e dar apoio ás familias. O obxectivo é reconducir as situacións de consumo temperán dende unha perspectiva educativa, preventiva e de acompañamento, ofrecendo outras opcións máis aló das multas económicas que poidan recibir esas persoas menores.
    É un programa financiado pola Deputación de Pontevedra.
    Coñecemos os detalles hoxe con Noelia Romero e Andrea Vega, da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…