Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Gus Abreu, fotógrafo | Exposición "Na penumbra do tempo"
    Dende onte pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións a mostra fotográfica "Na penumbra do tempo" do fotógrafo tudense Gus Abreu. Unha exposición de 30 imaxes da Catedral de Tui nas que a luz, as sombras e os detalles teñen todo o protagonismo.
    Hoxe conversamos con Gus Abreu sobre os espazos descoñecidos da Catedral que podemos visitar a través desta exposición e de como a través dunha cámara se pode reflectir o peso de 800 anos de historia deste templo. A exposición pódese visitar até o 30 de novembro.
    13 min
  • Ent. Coco Estévez e Julio Solleiro | Teatro Solidario a favor do programa Vacacións en Paz
    Recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que cada verán posibilita que nenos e nenas saharauís pasen o verán en Galicia, é o obxectivo da representación teatral prevista para este sábado, 24 de outubro, no Teatro Municipal de Tui.
    A cita, organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, correrá a cargo de Teatro Xoaniña 2.0 que interpretará "A Extraña familia". A entrada terá un prezo de 5€.
    Así nolo contaron hoxe Julio Solleiro de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e Coco Estévez de Teatro Xoaniña 2.0.
    9 min
  • Espazo Comercio | Sorteo campaña 30 aniversario
    Este xoves ACITUI celebra o sorteo da súa campaña especial do 30 aniversario. Será nun acto aberto á cidadanía no Mercado de San Antonio dende as 10 h. Serán 30 vales gañadores de 30 euros cada un a consumir no comerco participantes na campaña.
    Deunos hoxe os detalles Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.
    7 min
  • Ent. Rafael Estévez, Óscar Silva e André Fernandes | 2 Leguas da Eurocidade
    Este domingo, 25 de outubro, celébrase a cuarta edición de 2 Leguas, a proba de 10 quilómetros que transcorrerá en Tui e Valença, percorrendo lugares coma a vella Ponte Internacional, a fortaleza de Valença ou o conxunto histórico tudense.
    Disputarase amais a mini-Legua, cunha distancia de 500 metros, para participantes de 7 a 11 anos, e a “Leguaziña”, de 1,5 kms , dirixida aos que teñan entre 12 e 17 anos. Tamén haberá unha andaina de 5 kms.
    A inscrición pode realizarse até este xoves en www.2leguaseurocidade.pt. A proba de 10 kms ten un prezo de 13€ e as outras probas e a andaina son gratuítas, pero é preciso inscribirse igualmente.
    Coñecemos os detalles hoxe con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui; Óscar Silva, vereador de Desporto de Valença; e André Fernandes, presidente da Asociación Deportiva Verdoejense.
    11 min
  • Ent. Pablo Fernández, delegado territorial da Xunta en Pontevedra | CEIP de Pazos de Reis e orzamentos 2027
    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, comprometeuse hoxe a que en 2027 se executarán as obras de reforma do CEIP de Pazos de Reis. Explicou que en novembro se licitará o proxecto de execucion con anticipado de gasto xa que nos orzamentos de 2027 da Xunta figura unha partida dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para a execución deste proxecto. Así o afirmou na nosa sintonía o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández.
    Tamén se referiu ás actuacións previstas nos orzamentos da Xunta de 2027 no Baixo Miño.
    11 min
  • Raíces e vangarda | Arroz de bogavante
    Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu trucos e consellos para conseguir un arroz de bogavante de restaurante. Falamos con el tamén sobre o Campionato de Tapas de Galicia que mañá martes se celebra en Ourense, e no que vai participar xunto a David Rull.
    13 min
  • Ent. Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon | Hoxe comeza a TuidCon Hispacon
    Hoxe venres ás 16 h inaugúrase a Tuidcon HispaCon, a convención da literatura fantástica que se vai celebrar en Tui até este domingo. Será en tres espazos: a Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez, o Espazo Sociocultural, e o edificio da Praza da Inmaculada.
    Conferencias, mesas redondas, unha feira editorial, xogos de rol, cosplay... forman parte do programa previsto coma hoxe detallou Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon.
    14 min
  • Ent. Rodrigo Almeida e Noel Claro, de Xuventude de Vilameán | XXXV Festa do Carballo
    Castañas, múica, xogos populares, inchables e verbena será o que este sábado 17 se vivirá na Festa do Carballo que organiza Xuventude de Vilameán.
    Este magosto “ao grande”, como definen os seus organizadores, cumpre este ano 35 edicións cunha programación especial durante toda a xornada.
    Así nolo contaron na nosa sintonía Rodrigo Almeida e Noel Claro, membros da organización.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…