Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Stefano Quarta, chef de Aldente | Sabores de outuno no Mercado de San Antonio
    O Mercado de San Antonio acollerá mañá dende ás 11 h unha nova xornada gastronómica nesta ocasión centrada en produtos de outuno. O chef Stefano Quarta, de Aldente, explicaba as tres elaboracións que vai preparar.
    Será Risoto con cabaza e lacón; Lacón con grelos e Castañas confitadas con crema de mascarpone. O prezo da cada ración será de 6€.
    3 min
  • Ent. Eva Pazo, da asociación Aloia | Magosto en Pazos de Reis
    Teatro, animación infantil e castañas é a proposta do magosto organizado pola Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis para este domingo.
    A actividade, no centro cultural Aloia, comezará ás 18 h co grupo de teatro San Fins de Rebordáns coa obra “Ultramarinos norte”; de 18 a 20 h haberá animación infantil con Ludiland, e ás 19 h Castañas e música co grupo de gaitas e percusión Inquedanzas.
    Así nolo contou Eva Pazo da Asociación Cultural Aloia.
    5 min
  • Ent. José Ángel González e José Manuel Solleiro da Coral Ponte das Febres | Festival da Coral da Caída da Folla
    O Coro Ecos do Castelao de Nirgrán, a Coral Son dos Cantares de Mos e a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro darán a benvida ao outono este domingo no Centro Cultural de Ribadelouro co Festival da Coral da Caída da Folla.
    A Coral Ponte das Febres, que en 2027 cumprirá 25 anos, é a organizadora deste evento. Así nolo contaron dous dos seus membros José Ángel González e José Manuel Solleiro.
    8 min
  • Ent. Natalia Lago | Ruta de Samaín da Fada do Aloia
    O parque natural Monte Aloia acollerá este sábado a ruta "O Samaín galego: lendas e tradicións" con A Fada do Aloia. Será un percorrido para gozar en familia, coñecer as tradicións vinculadas ao Samaín e que é o que se celebra e as súas orixes.
    A cita será ás 20 h, e os participantes poden ir disfrazados e levar unha cabaza decorada. É preciso inscribirse no 619 96 90 90 cun prezo de 14€ nenos e nenas e 16€ as persoas adultas. Ao remate haberá chocolatada, doces e agasallos para a cativada.
    7 min
  • Ent. Fran Sieira, bailarín | Escpectáculo BenQuerer
    Este venres ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle BenQuerer, un espectáculo de música, danza e tradición, cun só do baile de Fran Sieira acompañado do dúo musical Caamaño&Ameixeiras. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€.
    Hoxe conversamos con Fran Sieira sobre o autocoidado, o amor por un mesmo e polos demais e como se pode transmitir todo isto dende a cultura e a tradición.
    8 min
  • Ent. Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez e Mª Jesús Garbín, profesora do IES Indalecio Pérez | 3º Premio Eduemprende Idea
    Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez, alumnos do ciclo medio de Comercio e Márketing do IES Indalecio Pérez Tizón, gañaron o terceiro premio do concurso Eduemprende Idea dotado con 1000 euros.
    Hoxe contáronnos en que consiste este proxecto pensado para o sector marítimo e que emprega coma ferramenta a IA para calcular de forma máis precisa as rutas pesqueiras e anticipar acontecementos, o que redundaría na mellora da formación das empresas.
    Falamos con Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez e coa profesora María Jesús Garbín deste premio e do traballo que realizan.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…