Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Manifestación e situación actual en Tui
    SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación para o próximo mércores, 4 de novembro, ás 19 h dende a praza de España en Vigo, co lema “Máis sanidade pública para a Área Sanitaria de Vigo”. Dende o Baixo Miño sairán autobuses para acudir á manifestación.
    Con Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, coñecemos detalles desta manifestación e tamén a situación actual no centro de saúde de Tui.
    15 min
  • Ent. Marina Carvalho, de Celtas do Minho | Trilho do susto
    Mañá sábado ás 21 h ES sae dende o Mosteiro de Sanfins, en Valença, o Trilho do susto. Unha andaina nocturna de 7 quilómetros que forma parte do calendario de caminhadas da Eurocidade Tui-Valença.
    O Trilho do susto ten un prezo de 6€, que inclúe un petisco para as persoas asistentes, e é necesario inscribirse previamente no teléfono 00351 93 444 07 70. Así nolo contou hoxe Marina Carvalho, de Celtas do Minho.
    4 min
  • Ent. Sandra Alonso, mestra composteira do Concello de Tui | Composteiros individuais, bonificacións e biotrituradoras
    Máis de 500 casas teñen composteiros individuais en Tui. A partir do mes de novembro, a mestra composteira Sandra Alonso porase en contacto con ditas vivendas para comprobar que todo funciona correctamente e axudar ás persoas que teñan dúbidas. Neste senso, hoxe conversamos con ela sobre as bonificacións para as compostaxes individuais.
    Ademais coñecemos tamén outras opcións de compostaxe en Tui e do préstamo gratuíto de biotrituradoras.
    11 min
  • Ent. Gonçalo Guerreiro, director | Obra "Coralinda", da compañía Elefante Elegante
    Cita para público familiar este venres ás 19 h no Teatro Municipal de Tui da man da compañía Elefante Elegante que porá en escena "Coralinda". Esta comedia xestual está interpretada ao estilo dos debuxos animados, e aborda temáticas como a inmigración ou o medo ao que é diferente.
    As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Hoxe coñecemos un avance do que será este espectáculo co seu director, Gonçalo Guerreiro.
    7 min
  • Ent. Francisco Singul, membro da organización | Coloquio internacional ‘O Camiño Portugués..."
    A próxima semana, o xoves 5 e o venres 6, celebrarase en Tui o coloquio internacional ‘O Camiño Portugués. Pasado, presente e futuro dunha singular ruta xacobea’. O coloquio está coordinado por Paulo Almeida, Melchor Fernández e Francisco Singul, membros do Comité Internacional de Expertos do Camiño do Santiago. Precisamente Francisco Singul explicaba os obxectivos desta actividade que se enmarca na celebración do oitavo centenario da consagración da Catedral.
    Participarán nas distintas actividades previstas prestixiosos especialistas mesmo do Consello de Europa.
    10 min
  • Espazo Comercio | Floristería La Flor
    Hoxe no tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, conversamos con Hortensia Rodríguez, da Floristería La Flor, do traballo que realizan ante a festividade de Santos, unha das épocas de maior demanda de centros florais e flores do ano. Contounos coma o crisantemo é a gran protagonista, pero non faltan tampouco as clásicas rosas, entre moitas outras.
    Tamén falamos con ela do recoñecemento que recibiu coma muller tudense homenaxeada este ano no VI Foro da Muller Rural Galega.
    12 min
  • Ent. Marina Cruces, sumiller e organizadora | A emoción dos viños
    O edificio da Praza da Inmaculada acollerá a fin de semana do 7 e 8 de novembro unha nova edición de Emoción dos Viños. Un encontro no que 30 produtores e produtoras de pequenas elaboracións presentarán os seus viños nunha cita con moito significado e historia.
    Ademais deste encontro haberá catas e actividades paralelas, aínda con algunhas inscricións abertas. Toda a información contóunola hoxe Marina Cruces, sumiller e unha das organizadoras do evento.
    13 min
  • Raíces e vangarda | Crema de cabaza de outono
    A cabaza é o ingrediente da semana no tempo de Raíces e vangarda, no que o chef Judicael Romero trae receitas, consellos e noticias gastronómicas de actualidade. Hoxe deu detalles sobre o Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia, onde recibiu o premio á mellor tapa maridada coa cervexa Estrella Galicia.
    Cociñamos amais unha crema de cabaza de outono con laranxa.
    10 min
  • Ent. Mery Cris, profesora | Taller Liberación somática no Liceo Casino de Tui
    Este xoves 29 ás 10 h o Liceo Casino de Tui acolle un taller introductorio de liberación somática a través da danza. Ioga, respiración, movementos libres, baño de son e linguaxe de luz será o que este xoves se imparta nesta primeira clase.
    Este taller inicial abrirá a posibilidade de crear un grupo para o resto do ano. O prezo desta primeira clase é de 23 euros para persoas socias do Casino e 33 para as non socias, coma hoxe explicou na nosa sintonía a profesora que a impartirá, Mery Cris.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…