Até mañá venres está aberto o prazo de inscrición para a andaina nocturna Terrordáns, que organiza a comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Será este sábado 17 ás 21.30 h dende o torreiro de festas, e a inscrición inclúe chocolate con rosca e queimada ao remate. O prezo é de 6€, e gratuíta para menores de 12 anos.
Ademais, o próximo 7 de novembro volven os bingos semanais.
Así nolo contaron hoxe Ismael Felgueiras e Vilo López, da comisión.