Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Raíces e vangarda | Marmelada de castañas
    Hoxe no programa Raíces e vangarda falamos da castaña, o produto da temporada. Cociñamos co chef Judicael Romero marmelada de castañas, quen deu consellos e trucos para aproveitar este alimento de outono.
    10 min
  • Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Club Océano
    Nace Club Océano, unha iniciativa de talleres creativos e momentos con calma para crear produtos coas mans, tecer comunidade e compartir momentos. O primeiro taller que se vai realizar será "Colar mil voltas", que será o sábado 10 de outubro a partir das 11 h no Espazo SomosOcéano, nas Galerías Caracas de Tui.
    Hoxe presentounos esta iniciativa Ana Carpintero, quen avanzoi tamén todos os detalles deste primeiro taller.
    8 min
  • Ent. Andrea González, directora IKFEM | II Concurso Novas Ondsa Sonoras
    Pedro Ribeiro, Atún Blanco, Brío, Sofía da Mata, Minho Reed Quintet e Keepers son os finalistas do II Concurso Novas Ondas Sonoras organizado polo IKFEM. Mañá ás 19 h celebrarase no Teatro Municipal de Tui a final na que se coñecerá o gañador desta edición.
    Andrea González, directora do IKFEM, daba conta do obxectivo do certame que é dar visibilidade ao talento xove, e o premio será actuar en 2027 no festival.
    8 min
  • Ent. Fernando Martínez, autor | Libro "Estado de Conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia"
    "Estado de Conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia" é o título do libro que hoxe venres, ás 19 h, se vai presentar no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela.
    O tudense Fernando Martínez é o editor e autor, xunto con outros seis herpetólogos galegos. O libro, dirixido ao público en xeral, dá resposta á falla de información que había tanto sobre reptiles como anfibios.
    6 min
  • Ent. Ricardo Dasilva e Cristian Lago, da Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor "A tristura"
    Este sábado ás 20 h celébrase a sexta edición das Lendas ao Solpor da Asociación Muiñeiros do Tripes, este ano co título "A tristura". Será un roteiro nocturno con teatralizacións, música e gastronomía, para o que é necesario inscribirse previamente no formulario web habilitado pola Asociación, dispoñible no cartel da actividade ou nas súas redes sociais.
    Coñecemos os detalles desta actividade con Ricardo Dasilva e Cristian Lago, membros da Asociación.
    9 min
  • Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon HispaCon 2026
    Teatro, fantasía escrita por mulleres, Historia, videoxogos, Aznarcon 2026 ou o encontro de Rosa Montero e Mafalda Santos son algunhas das actividades que haberá o sábado 17 de outubro na TuidCon HispaCon 2026, a convención de literatura fantástica que se celebra en Tui do 16 ao 18 do próximo mes.
    Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización detallou a programación do segundo día da convención.
    17 min
  • Espazo Comercio | Campaña setembro e 30 anos de ACITUI
    Hoxe no noso Espazo Comercio o presidente de ACITUI valorou a campaña Remata as vacacións cun sorriso, na que participaron case 2.400 papeletas.
    Amais, avanzou que este sábado 3 ás 20 h no Espazo Sociocultural presentan a campaña polos 30 anos de ACITUI.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…