Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Claudia Montes, de Altitude | Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença
    A Ruta da Pedra Santa abrirá o próximo domingo, 27 de setembro, a proposta outonal das Andainas da Eurocidade Tui-Valença. Será un percorrido de 7 quilómetros de dificultade doada. Sairá ás 10 h da ponte da Veiga do Louro.
    Claudia Montes, da empresa Altitude, que guiará o percorrido, daba todos os detalles desta actividade que ten un prezo de 6€ por persoa. É preciso inscrición previa. Haberá outras tres andainas, dúas en Valença, e outra no Monte Aloia en Tui.
    6 min
  • Ent. Aroa González | Presentación da súa primeira novela Mundos Paralelos
    “Mundos paralelos” é o título da primeira novela da tudense Aroa González. Estudante de xornalismo presenta mañá este primeiro libro co que abre unha triloxía de fantasía, drama e romance.
    A cita mañá será ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela nun acto presentado pola xornalista Andrea Carrera.
    Can Aroa González coñecemos algúns detalles da súa obra.
    10 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Conchi Regueiro, escritora | Tuidcon
    Do 16 ao 18 de outubro Tui converterase na capital da literatura fantástica coa celebración na cidade de Tuidcon, a convención anual deste xénero literario. Durante tres días a cidade acollerá máis de 45 actividades con charlas, mesas redondas, presentacións literarias, unha feira.
    Esta convención anual, denominada Hispacon, celébrase en España dende 1969. A celebración en Tui é todo fito e será a cuarta ocasión en que se celebre en Galicia.
    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e a escritora tudense e membro da organización, Conchi Regueiro, destacaron o fito que supón para a cidade acoller este evento.
    10 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo, e Eva Gil de Galicia Suroeste - Espazos Efémeros 2026
    O edificio da praza da Inmaculada en Tui acollerá do 9 ao 12 de outubro Espazos Efémeros. É unha iniciativa de Galicia Suroeste, en colaboración co Concello de Tui, que busca dar a coñecer iniciativas vinculadas ao territorio coa presentación e venda de produtos e servizos.
    A inscrición está aberta até o 24 deste mes en galiciasuroeste.gal. Coñecemos todos os detalles con Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo, e Eva Gil, técnica de Galicia Suroeste.
    10 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 15 de setembro de 2026
    En Noticias 13.30 h recollemos as principais novas deste martes, 15 de setembro:
    - A contratación da “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui” é o punto a tratar esta tarde no pleno extraordinario do Concello de Tui
    - Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, fai balance dos proxectos executados e das obras en marcha
    - O próximo luns comeza en Tui un curso gratuíto de Atención Sociosanitaria
    - Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local de ACITUI "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe hoxe
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe "Eo" en dobre sesión ás 18.30 h e ñas 20.45 h
    - O piloto tudense Saúl Vaz participarán en dúas semanas no Campionato de España
    27 min
  • Ent. Adrián Besada, organizador | SIBE 2026: Territorios sonoros
    A xornada “SIBE 2026: Territorios sonoros: identidad, poder e resistencia, que organiza a Sociedade de Etnomusicoloxía” celebrarase o 5 e 6 de decembro en Tomiño e Cerveira. Hoxe coñecemos que é este evento e como se vai desenvolver con Adrián Besada, organizador do mesmo.
    As propostas poden enviarse até o 1 de outubro. Toda a información en sibetrans.com
    8 min
  • Espazo Comercio |Campaña "Remata as vacacións cun sorriso"
    Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe no día de hoxe. Teñen xa distribuídas máis de 3000 papeletas para o sorteo de de 5 vales de 30 € a consumir nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o martes 29 na nosa sintonía. Así nolo contou Pepe Míguez, presidente de ACITUI.
    27 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…