Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Xan Pampín de Ailá | Concerto no VI Rocha Folk
    Ailá actuará mañá sábado ás 22 h na ribeira de Caldelas dentro da programación do VI Rocha Folk. Con Xan Pampín, un dos membros desta agrupación, coñecemos coma vai ser o concerto que van ofrecer aquí cun repertorio no que interpetarán muiñeiras, xotas, mazurcas,... e que agardan sexa do gusto do público.
    5 min
  • Ent. Amaia Osaba, padexeira | Descenso Internacional do Miño
    Amaia Osaba é a padexeira que máis veces subiu ao podio do Descenso Internacional do Miño. Mañá non poderá estar en Tui porque nunha semana participa no Campionato de Europa de Kaiak de Mar. Con ela falamos esta mañá desta competición, do descenso do Miño e do piragüismo.
    6 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos Glez de Hípica Marcos - Concentración Cabalar de San Bartolomeu
    Tui é unha referencia a nivel ecuestre e de espectáculos coa celebración das dúas concentracións cabalares que se celebran anualmente na rúa Loureiro. Este próximo luns 24 dende ás 8 h terá a Concentración Cabalar de San Bartolomeu. Premios especiais e espectáculos ecuestres con Aires de Romero, Entre Marxes e por vez primeira en Galicia Rafael Arcos e El Chamo.
    Así nolo contaron Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos González, de Hípica Marcos.
    11 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Manuel Pedrares, presidente do Kaiak Tudense - 55 Descenso do Miño
    O río Miño volverá vivir a súa festa deportiva este sábado coa celebración do 55 Descenso Internacional do Miño. A proba raíña en ríos a nivel galego e nacional reunirá a máis de 400 deportistas de 41 clubs de Galicia, Madrid, Portugal e Hungría.
    Sairá ás 18 h dende Salvaterra. Os e as padexeiras atoparán un río con pouca auga e a marea baixando o que repercutirá na dureza da regata.
    Falamos do Descenso do Miño con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Manuel Pedrares, presidente do Club Kaiak Tudense.
    11 min
  • Ent. Pablo Castro de Alana - Concerto no Rocha Folk
    O escenario principal do VI Rocha Folk, na ribeira de Caldelas, acollerá maña venres, ás 23.30 h a Alana en concerto presentando o seu segundo traballo "A saber". O grupo formado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro bebe na música tradicional mesturándoa con con ritmos de base electrónica e pop.
    Pablo Castro deunos conta da súa traxectoria e do concerto que van ofrecer en Caldelas.
    5 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Mercado | Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio
    O mexillón será o protagonista das primeiras xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio que se van celebrar este sábado, 22 de agosto, no Mercado de San Antonio a partir das 11 h. Poderanse degustar ao vapor, en vinagreta e en arroz a un prezo de 4€ a ración. A concelleira do Mercado, Ana Núñez, daba conta dos detalles desta iniciativa na que colabora Al Dente.
    8 min
  • Ent .Almudena Solana, escritora - Presentación de Viaje a la ausencia en Tui
    A escritora tudense Almudena Solana volve mañá xoves a Tui para presentar o seu novo libro “Viaje a la ausencia” no que a cidade tudense está moi presente.
    A cita será ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con ela falamos deste libro, que xorde tras o faleemento do seu pai, e no que revisita a súa propia vida para atopar no duelo a cor.
    13 min
  • Ent. José Mª Ureta, enólogo da adega Santiago Ruíz - Inicio da Vendima
    Onte comezou a vendima na adega Santiago Ruíz no Rosal. Por diante case un mes de traballo en 52 hectáreas para recoller as cinco variedades albariño, godello, loureiro, treixadura e caíños branco que colleitan. Así o confirmou hoxe o seu enólogo José Mª Ureta dando conta de que será unha colleita espectacular por calidade e cantidade.
    5 min
  • Ent. Iván Alonso, padexeiro - Descenso Internacional do Miño
    O tudense Iván Alonso foi gañador absoluto en k1 en dúas ocasións do Descenso Internacional do Miño. A última o ano pasado antes de retirarse de forma profesional do piragüismo. Amais ten dobre récord no Descenso en K2, a primeira vez con Diego Domínguez Aristegui e a segunda con Diego Piña.
    Hoxe falamos dos seus inicios, dos éxitos deportivos, e do Descenso Internacional do Miño.
    20 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…