Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Espazo Comercio | Ideas Artesanas
    Artigos para bebé, elaboración de produtos artesanais, confección de artigos personalizados, bordados... e moito máis é que o que podemos atopar en Ideas Artesanas, na rúa Rosa Bahamonde.
    Conversamos con María Jesús Pérez, de Ideas Artesanas, sobre a súa aposta por continuar coa súa actividade profesional en Tui.
    8 min
  • Ent. Elsa Roldán, cantante tudense
    A tudense Elsa Roldán é cantante e violinista. Reside en Madrid, agora mesmo está a estudar na Escola Superior de Música Reina Sofía, e onte domingo ofreceu un concerto na Catedral de Tui, dentro do Festival IKFEM 2026.
    Hoxe conversamos con ela, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.
    15 min
  • Ent. Santiago Vega e Iago Eireos | Obradoiro de fotografía na Catedral de Tui
    “Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración” é o título do obradoiro de fotografía que a próxima semana se vai celebrar na Catedral de Tui organizado por Tude, o Museo Catedralicio Diocesano.
    Será impartido polo artista multidisciplinar Iago Eireos. Celebrarase o mércores 29 pola mañá, e o xoves 30 e venres 31 en horario de mañá e tarde. Ten un prezo de 15€ e é preciso inscrición previa.
    Hoxe coñecemos os obxectivos e todos os detalles da iniciativa con Santiago Vega, director de Tude, e o con Iago Eireos que impartirá o taller.
    8 min
  • Ent. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Visita martes 20
    A praza do Concello será mañá martes, ás 20.30 h, o punto de partida da visita polo Lugares Democráticos de Tui que forma parte do ciclo Coñece o noso patrimonio que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui.
    Helena Pousa, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, será a encargada de guiar este percorrido. Hoxe na Radio Municipal avanzaba os lugares que formarán mañá parte da visita.
    7 min
  • Ent. Paula Cabaleiro | Ponte Creativa e Enogastronómica no IKFEM
    A vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase mañá nunha ponte creativa e enogastronómica no marco do IKFEM Festival. 30 expositores, 8 grupos en concerto, foros, presentacións... todo nunha xornada especial que simbolizará a unión entre as dúas beiras do Miño. Así nolo contou hoxe Paula Cabaleiro, comisaria artística do evento.
    O tráfico na Ponte permanecerá cortado xa dende ás 6.45 h e até ás 3 h do domingo.
    16 min
  • Ent. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora | A campaña arqueolóxica das Torres descobre uns estribos de cabalo
    A campaña arqueolóxica que o proxecto Fortalezas da Fronteira desenvolve no xacemento das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), vén de documentar un dos achados máis relevantes desta edición: varios elementos metálicos de carácter militar, entre os que destacan uns estribos de cabalo.
    Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora, explicou hoxe no programa Día a Día a importancia deste achado.
    5 min
  • Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Festas do Cristo 2026
    Salceda de Caselas vive esta fin de semana tres xornadas de tradición coa celebración das Festas do Cristo 2026. Unha programación que, como definía a alcaldesa Loli Castiñeira, é variada, intensa e pensada para que todas as persoas poidan celebrar e desfrutar.
    A rexedora salcedense destacou hoxe o especial desta festa, co Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os, o concerto de A Banda da Loba ou a instalación dunha pantalla para ver a final do Mundial de Fútbol este domingo ás 21 h. Con ese motivo, informou de que o concerto da Banda Cultural de Salceda celebrarase finalmente o luns 20, festivo local.
    8 min
  • Ent. Borja Niso, compositor e pianista | Concerto no IKFEM 2026
    A Alameda de San Domingos será o escenario este domingo do concerto de peche do IKFEM Festival Tui-Valença deste 2026. Será cun concerto moi especial de Borja Niso rendindo tributo a Ludovico Einaudi, e no que contará coa colaboración especial de Rosa Cedrón. Pero amais súmase ao concerto o proxecto Caixa Son e un coro infantil formado por alumnado de centros educativos de Tui. Así nolo contou hoxe o propio Borja Niso.
    O concerto comezará ás 19 h, xa que se anticipou o seu horario para non coincidir coa final do Mundial. As entradas están dispoñibles en ikfem.com.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…