Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación xullo e agosto
    O Cineclub Tui programou a proxección de catro películas este verán no Espazo Sociocultural nunha única sesión ás 21.45 h e mantendo o prezo de 2€ para persoas socias e menores de 18 anos e 4,5€ para o público en xeral.
    A primeira cita será mañá martes, 14 de xullo, con "Vitus" de Fredi M. Murer. O martes 28 proxectarán "Historias del buen valle" de José Luis Guerín, o martes 11 de agosto "Nausiaä do Val do Vento" de Hayao Miyazaki, e por último o martes 25 de agosto "Calle Málaga" de Maryam Touzani.
    Así nolo contou Noemí Guisande do Cineclub Tui.
    7 min
  • Ent. Wöyza | Concerto de apertura no IKFEM 2026
    Dobre estrea a que teremos este xoves na praza da Inmaculada abrindo o IKFEM, Festival Tui-Valença 2026. Será a estrea de “Valiosa” , o novo disco de artista galega Wöyza, e tamén da formación musical que estará sobre o escenario formada. Un concerto especial, tal e coma explicaba Wöyza, que comezará ás 22.30 h na praza da Inmaculada, no que como artista convidada estará Emmy Curl. A entrada será gratuíta.
    Así se abren cinco días do IKFEM Festival Tui-Valença.
    8 min
  • Ent. Andrea González, directora IKFEM | XIV Festival Tui-Valença
    Do xoves 16 ao domingo 19 de xullo vaise celebrar na Eurocidade Tui-Valença o XIV IKFEM, Festival Tui-Valença. A música tenderá pontes e a vella Ponte Internacional será o escenario especial no que a artesanía e os concertos se sucederán ao longo do sáado 18.
    Coñecemos o programa do festival coa súa directora, Andrea González.
    13 min
  • Ent. David Domínguez e Lis Montes | Xornada de actualización de adestradores
    Claudio Giráldez, adestrador do RC Celta; Jonatan Giráldez, técnico do OL Lyonnes; e Borja Fernández, adestrador do CD Lugo partcipan esta tarde no Espazo Sociocultural de Tui na Xornada de Actualización e Reciclaxe para Adestradores de Fútbol. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Comité Galego de Adestradores, e que se suma á celebración do centenario do Tyde. Anticípase o inicio ás 16 h debido ao partido de España, xa que rematará ás 21 h.
    Así nolo contaron hoxe David Domínguez e Lis Montes, do Tyde F.C.
    9 min
  • Ent. Tiago Rodrigues, arquitecto da Universidade da Beira Interior | Actividades en Tui de Fortalezas de Fronteira
    Hoxe e o domingo chega a Tui o proxecto Fortalezas da Fronteira con dúas propostas arredor da paisaxe fortificada da raia.
    Así esta tarde, ás 20:30 horas, haberá unha Barferencia en Al Dente, no Mercado de San Antonio de Tui. Participarán Rebeca Blanco-Rotea, arqueóloga e investigadora no Lab2PT da Universidade do Minho, e Tiago Rodrigues, arquitecto da Universidade da Beira Interior.
    Xa o domingo ás 10 h sairá do Palco da Musica, na Corredoira a “Visita aos sistemas fortificados de Tui”. Para participar é precisoi nscribirse en rutasdehistoria.com.
    6 min
  • Ent. Javier Touza , presidente de ARVI | Vigo Seafest 2026
    Esta fin de semana celébrase o Vigo SeaFest que ofrece catro días de gastronomía, música, deporte e cultura nos xardíns Montero Ríos de Vigo. Coñecemos a programación desta sétima edición con Javier Touza, presidente de ARVI, organizadores do evento.
    9 min
  • Ent. Mar Rodríguez e Aurelia Martínez da AC Santa Columba | Semana Cultural 2026
    Teatro, cinema, unha andaina, actividades infantís e proposta gastronómica centran dende hoxe e até o domingo a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro. Hoxe terán tamén no exterior da casa cultural pantalla para ver o partido de España. Así nolo contaron Mar Rodríguez e Aurelia Martínez da Asociación Cultural Santa Columba.
    7 min
  • Ent. Brais Currás, arqueólogo do CSIC | BARferencia "A minería de ouro romana no Baixo Miño”
    O arqueólogo do CSIC Brais Currás impartirá hoxe xoves unha nova BARferencia do proxecto Fortalezas de Fronteira. Será "A minería de ouro romana no Baixo Miño”. Será ás 20 h na Social de Estás, en Tomiño, con entrada libre.
    Hoxe no programa Día a Día profundou neste tema, explicando que é un momento da Historia que non se coñece demasiado pero é clave na nosa contorna.
    8 min
  • Ent. Claudia Montes de Altitude | Eclipse Solar
    A empresa tudense Altitude organiza unha actividade para o 12 de agosto co gallo do eclipse solar e coincidindo amais coa noite das Perseidas. Hoxe Claudia Montes deunos todos os detalles destas citas, e tamén nos achegou recomendacións para contemplar o eclipse.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…