Cinco proxectos creativos participarán na segunda edición de Mercarte que este venres abre as súas portas na sala anexa da Oficina Municipal de Turismo de Tui. Son Mar.jewelrin; Manos Creadoras 21; Shirga; Paula Siddell; e Quiñons da Insua, que ofrecerán diversidade de produtos, como xoias en prata, ouro, resina natural, flores, tamén pintura con diferentes técnicas e viño.
Mercarte abrirá até o 15 de xuño en horario de 10.30 h a 13.30 h e de 17.00 h a 20.00 h, ampliando os venres e sábados o seu horario até as 21 h.
Hoxe coñecemos esta iniciativa coas cinco mulleres emprendedoras e a concelleira de Comercio e Igualdade, Ana Núñez.