Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,325 episodes available.
August 19, 2020Ent. Sara Luque, mestra composteira - Carpa InformativaMañá xoves, de 10 a 13 h, no mercado semanal dos xoves haberá unha carpa informativa sobre compostaxe. Sara Luque, a mestra composteira de Tui, explicaba o obxectivo desta carpa que volverá estar no mercado tamén a próxima semana. Xa na primeira semana de setembro realizarán unha actividade para nenos e nenas....more7minPlay
August 19, 2020Ent. Rosendo Bugarín - Libro Tui e Armada"Tui é a Armada" é o título do libro que este venres será presentado no auditorio na Alameda de San Domingos. É obra de Rosendo Bugarín e Ignacio Tobarra. Con Rosendo Bugarín falamos hoxe desta publicación que está xa á venda nas librarías de Tui....more13minPlay
August 18, 2020Ent. César Pérez Ares, xefe territorial Educación - Visita CEIP nº1 e 2 e CRA Mestra Clara TorresComprobar as melloras que se están a executar no CEIP nº1, nº2 e no CRA Mestra Clara Torres foi o obxectivo da vistia que onte realizou a estes centros o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares. Tamén coñeceu da man dos equipos directivos a aplicación do protocolo anticovid para a volta ás aulas nestes centros educativos.Así nolo explicou esta mañá....more12minPlay
August 18, 2020Ent. Dr. Santiago Pose - Situación en Tui con respecto á COVID 19Co doutor Santiago Pose falamos hoxe da situación en Tui con respecto á Covid-19. Explicaba que hai uns días nun novo control nas residencias de maiores todos os resultados foron negativos. Facía un chamamento á mocidade a ter precaución....more7minPlay
August 17, 2020Ent. Silvia Soutelo e Mercedes Fernández, veciñas de Caldelas - AcueductoSilvia Soutelo e Mercedes Fernández, veciñas de Caldelas, facían hoxe de novo eco na nosa sintonía do malestar que hai na parroquia tras o desmonte do acueduto do Pontillo. Unha construción da que hai lembranzas coma mínimo de 1913....more19minPlay
August 17, 2020Ent. Fernando Ferreira, expresidente Asociación de pescadores do río Miño - Presentación de dimisiónNo día de hoxe, Fernando Ferreira, presidente da Asociación de Pescadores do Rio Miño, deixou o seu cargo tras 9 anos exercendo e despois de toda unha vida relacionado coa Asociación.Está mañá explicaba ás razóns da súa dimisión....more7minPlay
August 17, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Acueduto de CaldelasO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou hoxe na nosa sintonía que as pedras retiradas do acueduto do Pontollón en Caldelas pola CHMS están depositados no almacén municipal. Indicou amais que a actuación forma parte dun proxecto europeo para a recuperación da escala no río Casela. Así o indicaba....more14minPlay
August 14, 2020Ent. Laureano Alonso, concelleiro Turismo e Patrimonio - Datos xullo e outrosCo concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, coñecemos hoxe os datos referidos ao mes de xullo da Oficina de Turismo, en canto a número de turistas e peregrinos,marcados tamén pola actual situación. Coma responsable da área de Patrimonio tamén se referiu ao acueduto do Pontillón de Caldelas, e ao envío do PEPCHA á Xunta, tras solucionar problemas informáticos, que impediron remitilo con anterioridade....more15minPlay
August 14, 2020Ent. Diego Piña, presidente Kaiak Tudense - 49 Descenso do MiñoMaña sábado celebrarase en Tui a 49 edición do Descenso Internacional do Miño.Hoxe estivo con nos Diego Piña, presidente do Club Kaiak Tudense, que nos explicou como será a edición de este ano, marcada pola COVID-19, e con novidades importantes....more9minPlay
August 14, 2020Ent. Roi Casal, músico- Concerto en TuiEste domingo, ás 22:00, na rúa Compostela poderemos gozar co espectáculo “Músicas do Camiño” de Roi Casal que chega a Tui no programa Musigal da Deputación e que ademais, forma parte da programación “Volvemos á rúa”.Para poder asistir a este concerto é necesaria a reserva previa en enterticket.es....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,325 episodes available.