Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,176 episodes available.
April 22, 2020Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación mércores 22 de abrilRealizar deporte nas casas está sendo estes días un exercicio con boas doses de creatividade. Por iso, o Concello do Rosal propón o xogo “Na casa, pero en forma” que pretende implicar á veciñanza a participar a través de imaxes que representen como facer exercicio sen saír da casa. Detallouno a alcaldesa, Ánxela Férnández....more6minPlay
April 22, 2020Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación mércores 22 de abrilO Concello da Guarda amplía a rede de atención ás persoas máis vulnerables e pon en marcha unha iniciativa de acompañamento afectivo a distancia para as persoas que viven soas ou que teñen algunha necesidade. Servizos activos neste estado de alarma que destacaba o alcalde Antonio Lomba....more5minPlay
April 22, 2020Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación mércores 22 de abril25 pacientes de Tui e Tomiño con positivo por COVID19 que teñen coma referencia o Centro de Saúde de Tui son os que teñen até o de agora confirmados segundo explicou hoxe o doutor Santiago Pose. Teñen realizados 340 test e están a espera dos resultados dos realizados nas últimas xornadas. Avanzaba o estudo de prevalencia que a Xunta vai realizar ....more11minPlay
April 22, 2020Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Situación mércores 22 de abrilNo Concello de Oia continúa a normalidade desta situación. A Garda Civil e a BRILAT estiveron realizando nas últimas xornadas o control das estradas, confirmando o cumprimento do confinanmento. Sí se están realizando saídas para autocultivo de produtos agrícolas. Amais dende o Concello lembran o apoio emocional que teñen en marcha, e o servizo de entrega a domicilio que levan a cabo para compras realizadas no comercio local....more3minPlay
April 22, 2020Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación mércores 22 de abrilA partir deste domingo, os menores de 14 anos poderán saír a pasear acompañados, logo de máis de corenta días confinados nas casas. Disto tratamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González quen recordaba que debemos seguir respectando as medidas de seguridade....more9minPlay
April 22, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación mércores 22 de abrilO Concello de Tui non ten comunicación oficial do número de casos rexistrados no municipio por COVI19. Así o confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro. Os últimos datos proporcionados dende o Centro de Saúde - referidos ao pasado venres - falan de 17 positivos. Por outra parte lembra que os contedores do lixo deben estar pechados e empregar luvas ou papel para abrir a tapa e depositar o lixo....more5minPlay
April 21, 2020Ent. Cristina Correa, alcadesa de Oia - Situación en Oia martes 21 de abrilLavar frecuentemente as mans, gardar a distancia de seguridade e levar a mascarilla son as principais medidas de protección fronte ao COVID-19 que recordou a alcaldesa de Oia, Cristina Correa. Destacou amais que o Concello continúa sen ningún confirmado máis por coronavirus....more4minPlay
April 21, 2020Ent. Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño - Situación no PorriñoO Concello do Porriño tomou as primeiras medidas de protección fronte ao COVID-19 antes de decretarse o estado de alarma. Así nolo explicou a alcaldesa Eva García de la Torre quen destacou as máis de 400 familias que están recibindo alimentos por parte do Concello, durante esta crise sanitaria....more14minPlay
April 21, 2020Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio - Fase final da tramitación do PEPCHAO Plan Especial do Conxunto Histórico de Tui entra na fase final de cara a súa aprobación provisional polo pleno da corporación. A pasada semana recibíase no Concello o informe sectorial da Dirección Xeral de Costas, o derradeiro dos informes sectorais que estaban pendentes. Agora encargouse xa ao equipo redactor a incorporación das suxestión realizadas neste informe favorable. O paso seguinte será a aprobación provisional do PEPCHA en xunta de goberno local. Logo será remitido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emita o seu informe. Así o explicaba o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso....more5minPlay
April 21, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación martes 21O alcalde de Tui, agradecía hoxe a participación en #SanTelmoNaCasa durante os últimos días. Por outra parte informaba que hoxe se incorpora ao concello unha terceira traballadora social para reforzar este departamento. Tamén precisou que os fondos que os concellos reciben do Fondo de Cooperación Local da Xunta se recibe anualmente e non é extraordinario para o COVID19....more5minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,176 episodes available.