Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,327 episodes available.
July 30, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rexistro se imos a Portugal e pleno ordinarioOs tránsitos entre Galicia e Portugal deben ser comunicados ás autoridades sanitarias na web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/rexistro.aspx ou no teléfono 881 00 20 21 , segundo as últimas medidas adoptadas pola Xunta, pero pódense realizar con total normalidade. Deste tema e do pleno ordinario que hoxe celebra a corporación municipal falamos esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more12minPlay
July 30, 2020O Balonmán ante o inicio dunha temporada marcada pola COVID19Coñecemos coma afrontan os equipos de balonmán de Tui, A Guarda, O Rosal e O Porriño a nova temporada marcada pola COVID-19. Facémolo nunha reportaxe de Alba Rodríguez....more9minPlay
July 29, 2020Ent. Samuel Diz, dtor - Festival Música no Claustro 2020Este sábado comeza a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Terá lugar até o venres 7 de agosto. Será unha semana repleta de música e cultura no claustro da Catedral de Tui. Esta nova edición estará marcada pola situación que estamos a vivir causada pola pandemia e onde a fonte de inspiración atópase no estandarte da confradia dos músicos da catedral. Este contén a imaxe bordada de San Roque, santo das epidemias. Así o explicaba Samuel Diz, director do festival....more12minPlay
July 28, 2020Ent. Javier Zafra, autor de “Sabores de Sefarad” - O libro gastronómico da rede de Xuderías de EspañaA rede de Xuderías de España da que Tui forma parte dende hai un ano vén de presentar o libro de gastronomía “Sabores de Sefarad”. Javier Zafra, cociñeiro e investigador é o autor deste libro dedicado á cociña tradicional sefardí. Con el coñecemos os detalles da obra....more16minPlay
July 28, 2020Ent. Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais de Tui -O Baixo Miño contará cunha unidade de atencion temperáA Mancomunidade do Baixo Miño contará cunha unidade de atención temperá na comarca. Estará emprazada en Tomiño e estará formada por tres profesionais dos campos da psicopedagoxía, psicoloxía e logopedia. Dará servizo ás familias de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal, que teñan menores de até 6 anos con dificultades de aprendizaxe. Así o explicou o concelleiro de Servizos sociais do Concello de Tui, Ismael Diz....more8minPlay
July 24, 2020Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio - Chamamento a consumo responsableO Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Tui realizan cun chamamento a realizar un consumo responsable da auga en Tui logo de rexistrar nas últimas semanas un consumo elevado de auga, en parte debido ás altas temperaturas. Apelan a facer un uso resposable, e evitar o rego ou o enchido das piscinas. Ramiro Gutiérrez, xefe do servizo do Consorcio do Louro, explicaba esta mañá a situación....more7minPlay
July 24, 2020Ent. Cristian Lago - suspensión da ruta da auga en RandufeNon se celebrará finalmente a Ruta das Augas prevista para este domingo en Randufe coma actividade paralela á exposición “Perdete no rural”. Así o explicaba hoxe Cristian Lago que ía guiar este percorrido....more6minPlay
July 23, 2020Ent. Víctor Coyote, artista - Presentación do novo discoO tudense Víctor Coyote presenta novo disco “Las comarcales”. Un álbum persoal sen imitacións, que combina cumbia, reggateon, baladas... Conta tamén cun mapa de referencias comarcais con figuras musicais ou literarias coma Rosalía de Casto e a cantante Rosalía. Hoxe falamos con el....more19minPlay
July 23, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Chamamento á responsabilidadeO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai un chamamento á poboación a responsabilidade da poboación co cumprimento das medidas establecidas para previar a COVID19. Fai fincapé nos eventos privados e nos públicos, remarcando que estes últimos precisa de autorización xunto a outros requisitos....more10minPlay
July 23, 2020Ent. Dani García - Don Gelati en TuiA maxia chega esta tarde, ás 21 h, ao Paseo da Corredoira dentro da programación "Volvemos á rúa" que organiza o Concello de Tui. Será da man de Dani García co seu espectáculo de rúa "Don Gelati". Con el falamos esta mañá....more5minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,327 episodes available.