Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,507 episodes available.
November 12, 2020Ent. Jose Ángel Fernández, voceiro do PP - Situación COVID 19 TuiO voceiro do PP na corporación municipal de Tui, José Ángel Fernández, destacou a unidade de acción dos distintos grupos do Concello de Tui ante a situación que estamos a vivir derivada da pandemia da COVID 19.Por outra parte facía unha valoración moi positiva do informe favorable de Urbanismo ao PEPCHA, que permitirá leva a pleno este documento para a súa aprobación definitiva....more7minPlay
November 12, 2020Ent. Ánxela Fernández, Alcaldesa do Rosal, e María Fandiño, arquitecta - Aberta aA "Explanada do Horizonte" xa está lista para o desfrute da veciñanza do Rosal. Unha reforma integral e mellora paisaxística en Portecelo cunha nova área de esparexemento que tamén acondicionou o tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa polo municipio.Falamos coa alcaldesa do Rosal e coa arquitecta deste proxecto, distinguido cun dos Premios Gran de Area 2020 de Aportación á Arquitectura dos Colexios de Arquitéctos de Galicia....more13minPlay
November 12, 2020Ent. Enrique Cabaleiro- Alcalde de Tui - Redución da taxa de lixo para hostalería e comercioOs establecementos comerciais ou de hostalaría que estiveron pechados ou están pechados aboarán unha taxa do lixo de 21,19 no trimestre ou trimestres que estiveron sen actividade. É un importe similar a que se aplica ás vivendas. Así o avanzou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicando que así o recolle un dos artigos da ordenanza municipal. Para poder contar con esta redución os establecementos deberán descargar un modelo de impreso na web municipal, e cubrilo e despois presentalo no ORAL. Así o avanzou hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more12minPlay
November 11, 2020Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Situación da Covid-19 en SalcedaSalceda volve ao nivel vermello no mapa da incidencia da COVID 19. Valoramos os datos coa alcaldesa, Loli Castiñeira, e falamos tamén doutros asuntos coma os dous galardóns que recibiu a localidade no certame "Vilas en Flor"....more9minPlay
November 11, 2020Ent. Manuel López, presidente de Cámara de Valença -Situación COVID19Situación complicada con respecto á COVID 19 é a que se vive en Valença onde teñen 120 casos. O presidente da Cámara, Manuel Lópes, agarda as últimas medidas tomadas, coma o toque de queda, dean resultados, e descenda o número de persoas afectadas....more7minPlay
November 11, 2020Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Concerto de Milladoiro en streamingO concerto que o grupo Milladoiro ofrecerá este venres en Tui poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube e das redes sociais municipais. Así o confirmaba hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Deste xeito dende o Concello buscan poder chegar a un maior número de persoas con este vento, xa que dadas as medidas restritivas establecidas en Tui a capacidade do teatro está limitada a 30 butacas, que están xa esgotadas....more7minPlay
November 10, 2020Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación martes 10 de novembro38 casos nos últimos 7 días e un acumulado de 76 nos últimos 14 son as últimas cifras con respecto á incidencia da COVID19 en Tui que facilitaba esta mañá o doutor Santiago Pose....more8minPlay
November 10, 2020Ent. Ana Núñez, Concelleira Igualdade/comercio-III Plan de Igualdade de oportunidades, Guía hostalería e Axudas reactivaConversamos con Ana Núñez sobre o III Plan de Igualdade de oportunidades do Concello de Tui. Tamén sobre a Guía de hostalería e restauración e das 108 primeiras axudas a establecementos e autónomos das Axudas Reactiva....more18minPlay
November 09, 2020Ent. Enrique Cabaleiro- Alcalde de tui- Situación da COVID-19 en TuiEnrique Cabaleiro asegurou que en Tui os datos invitan ao optimismo. Segundo os datos do Centro de Saúde, a incidencia acumulada dos últimos 14 días baixou a 80 casos cando antes estabamos preto do centenar. Nos últimos 7 días detectáronse 34 casos de COVID-19 en Tui. Tamén valorou o informe da Xunta favorable ao PEPCHA....more6minPlay
November 09, 2020Ent. Laureano Alonso, Concelleiro de patrimonio - Informe favorable ao Plan Especial de Protección do Conxunto históricoO Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, visitou esta mañá Día a Día. Fíxoo despois de que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitira informe favorable ao PEPCHA, o Plan especial de protección do conxunto histórico. Só resta o visto e prace do pleno da corporación municipal de Tui para a aprobación definitiva...more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,507 episodes available.