Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Espazo Comercio | María Martínez e Lucas González, de MoMa
    Carta de tapas, talleres de coctelería e unha colaboración co Pancho 3.0 son as novidades que chegan a MoMa de cara a este verán.
    Hoxe coñecemos toda a información no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con María Martínez e Lucas González, de MoMa.
    7 min
  • Ent. Luján Borrás, impulsora da iniciativa; e Montse Mon, de Un Máis | Di sí ao autismo
    “Di sí ao autismo” é a iniciativa de Change.org impulsada por Luján Borrás, nai dunha persoa autista, na que asociacións e familias reivindican que os servizos públicos en sanidade, educación, ocio, emprego e vida adulta estean garantidos para as persoas con autismo.
    Hoxe Luján Borrás e Montse Mon, de Un Máis, explicaron cal é a situación das 9.500 persoas con autismo na provincia de Pontevedra.
    Para colaborar con esta iniciativa, pódese firmar a iniciativa en change.org.
    19 min
  • Raíces e vangarda | Ensaladilla rusa
    Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos e trucos para conseguir unha ensaladilla rusa de verán diferente e mantendo a tradición.
    Tamén hoxe falamos de intolerancias e alerxias alimentarias.
    14 min
  • Ent. David Coímbra, membro da organización | Galimpiadas 2026
    Este venres ás 19 h comezan as Galimpiadas 2026 con récord de participantes. Máis de 200 persoas competirán nas diferentes probas, en dous días de xogos populares, música e gastronomía en Caldelas.
    David Coímbra é membro da organización, e hoxe deu todos os detalles desta edición.
    10 min
  • Ent. Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez, de AMEI | Proxecto INTEGRALAB
    AMEI TUI acompaña a máis de 20 mulleres migrantes a través do programa INTEGRALAB, un proxecto que ofrece atención psicolóxica, asesoramento xurídico, formación e orientación laboral para favorecer a inclusión social e laboral das participantes.
    Trátase dunha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia. Hoxe coñecemos o seu funcionamento con Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez.
    10 min
  • Ent. Curso de camareiro ou camareira
    O Concello de Tui organiza un curso de camareiro/a que comezará o próximo luns 15 de xuño. Consta de 44 horas lectivas que se van impartir de luns a venres de 16.30 h a 20.30 h até o 30 de xuño no Mercado de San Antonio.
    O número de prazas está limitado a 15 participantes. A información sobre este curso pode ampliarse no teléfono do Centro de Formación, 664 55 24 93, ou no teléfono de ACITUI, 604 48 88 90.
    Hoxe déronnos toda a información Ana Núñez, concelleira de Emprego e Formación; Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI; Isaac Míguez, e representación do sector; e Ana Concheiro, consultora especializada en formación e emprego.
    15 min
  • Ent. Pepe López e Manolo García, investigadores e do Museo O Recuncho das Argalladas | Presentación libro
    O libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais” será presentado hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural de Tui. Trátase dunha obra considerada fundamental no estudo dos xogos tradicionais galegos, pois reúne colaboracións de ata 42 autorías desde moi diferentes perspectivas.
    Pepe López e Manolo García, investigadores e do Museo O Recuncho das Argalladas, de Lourenzá, avanzaron no programa Día a Día como vai a ser a presentación e por que é importante a divulgación do xogo tradicional.
    14 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…