A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, organiza para este domingo a XXXVI Carreira Popular de Randufe, unha actividade que comezará as 10 h dende o Adro da Guía.
O prazo de inscrición remata mañá, mércores ás 23:59 h., e pode realizarse a través da web cronotec.es. Ten un prezo de 3€ para maiores de 14 anos, e é de balde para os menores desta idade.
Amais, o sábado seguinte, día 30, dará comezo a súa Semana Cultural con actividades de folclore, deporte, inchables, festa de espuma, playbacks, humor, música e maxia. Así nolo contaron hoxe Miguel Ángel Martínez e Manuel Diz, da Asociación Xuntanza de Randufe.