Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Raíces e vangarda | Gazpacho de sandía
    No primeiro programa 'Raíces e vangarda' do mes de xuño, o chef Judicael Romero deu consellos e recomendacións para ir de pícnic, con ideas sinxelas e nutritivas. Unha delas é a receita de hoxe: gazpacho de sandía.
    13 min
  • Ent. José Santos e Julio López, da Comisión de Festas de Pesegueiro | II Furanchada
    A Comisión de Festas de Pesegueiro celebra esta fin de semana a segunda edición da furanchada que celebraran no mes de abril. Serán dúas tardes de gastronomía galega e música na Casa da Eira.
    José Santos e Julio López, da comisión, tamén indicaron que a andaina e a cea de porco ao espeto que foi adiada será finalmente o 21 deste mes de xuño, e avanzaron que o 22 de agosto celebrarán a vixésima edición do seu rastrexo.
    7 min
  • Ent. Tino Baz, músico | Concerto Cantares de Brueiro
    Este domingo ás 20 h o Auditorio do Rosal acolle o concerto "Recén saídas do forno" do coro Cantares do Brueiro. A entrada é libre e de balde até completar o aforo.
    O músico guardés Tino Baz é o director deste proxecto, e hoxe deu conta na nosa sintonía da importancia da música e da cultura popular galega.
    7 min
  • Ent. Víctor Aparicio, músico e cineasta | Xornadas Señor Afranio
    “Afranio”, o documental con guión e dirección de Víctor Aparicio e protagonizado por Luis Tosar, proxéctase hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural dentro das Xornadas Señor Afranio.
    Tamén o domingo ás 20 h no mesmo espazo Víctor Aparicio, Pablo Novoa e Pancho Álvarez ofrecerán o concerto "Cantares dun fuxido".
    Hoxe conversamos con Víctor Aparicio sobre estas dúas citas.
    10 min
  • Ent. Consello da Infancia do CEIP Nº1 de Tui | Congreso EducODS
    Dende o próximo martes 2 de xuño e até o venres 5 Tui convértese no escenario do sexto Congreso EducODS que organiza o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui. Cada mañá na Corredoira abrirán os preto de 30 postos dos distintos centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade participantes.
    Hoxe coñecemos as propostas do Club de Letras, do ámbito STEAM, de Crea Visual e de Natural e Social, da man de integrantes do Consello da Infancia do CEIP Nº1.
    8 min
  • Conchi Martínez Aguilera, Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Situación centro de saúde
    Un novo médico vénse de incorporar ao Centro de Saúde de Tui, ocupando a praza que estaba vacante por xubilización. Por outra parte a persoa que estaba a ocupar a outra praza por xubilación de luns a mércores, pasará a estar tamén de luns a venres. Así o confirmaba hoxe Conchi Martínez Aguilera, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui.
    Daba conta tamén de cal será a situación no Centro de Saúde tudense este verán.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…