Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ana García, pedagoga | Campamento de verán e obradoiro de cara ao instituto no Centro Sociocomunitario de Tui
    O Centro Sociocomunitario de Tui acolle este verán un campamento para nenos e nenas de 3 a 7 anos dende o 29 de xuño ao 24 de xullo. Será en horario de 9.30 h a 13.30 h e o prazo de inscrición remata o 10 de xuño.
    Ana García, pedagoga, indicou que a inscrición se pode realizar no teléfono 659 695 516.
    Tamén, de cara ao inicio do instituto, terá lugar dende o 31 de agosto ao 4 de setembro un obradoiro dirixido ás persoas que comezan esa etapa.
    8 min
  • Ent. Xacobe Morais, da Quinta de Tui Futsal | X Campus Toñín Martín
    Dende o 6 ao 17 de xullo a Quinta de Tui Futsal organiza unha nova edición do campus Toñín Martín. Será un campamento lúdico, con fútbol sala e moitas actividades máis.
    Será de luns a venres de 9 h a 14.30 h, e a inscrición está xa aberta en Cluber.
    Xacobe Morais, da Quinta, deu hoxe os detalles.
    8 min
  • Ent. Ana Núñez, Stefano Quarta e Purificación Correa | Día do Mercado
    Este sábado no Mercado de San Antonio celébrase o Día do Mercado. O concello de Tui súmase á campaña autonómica Quere o Teu Mercado. Así as persoas que se acheguen ao Mercado serán obsequiadas con material promocional, e dende ás 12 h haberá unha degustación gastronómica da man de Stefano Quarta.
    Así nolo contaron hoxe Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado, xunto a Stafano Quarta e Purificación Correa, de AlDente, o espazo gastronómico que o luns abrirá no Mercado de San Antonio.
    12 min
  • Ent. Marina Cruces, sumiller | Túnel do viño. O percorrido do Señor Afranio
    Seguir o percorrido que fixo Antón Alonso Ríos cando fuxiu de Galicia a través dos viños da zona. Ese é o obxectivo do túnel do viño que este domingo se vai a desenvolver no Mercado de San Antonio. Haberá catro quendas, cun máximo de 20 prazas por quenda, ás 11.30 h, 12.00h, 12.30 h, e 13.00 h. A participación é gratuíta pero é precisa inscrición previa na Biblioteca Municipal ou no correo [email protected], indicando a quenda elixida.
    Marina Cruces, sumiller, será unha das expertas que guíe a experiencia, e hoxe deu todos os detalles.
    7 min
  • Ent. Natalia Jorge, doutora en Historia e investigadora do Grupo Histagra da USC | Conferencia nas xornadas Sr Afranio
    “De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio” é o título da conferencia que abrirá mañá ás 20 h as xornadas Siñor Afranio no Espazo Sociocultural. A doutora en Historia e investigadora do Grupo Histagra da USC Natalia Jorge será a encargada de ofrecer esta conferencia dirixida ao público en xeral.
    Hoxe explicounos que foi o Siñor Afranio, os libros que publicou e a historia de Antón Alonso Ríos.
    14 min
  • Ent. Javier Argüelles e Samuel Moreno, magos | III Festival Miño Máxico
    Este venres inaugúrase o III Festival Miño Máxico en Tomiño, con espectáculos de maxia na rúa, de preto e no auditorio de Goián.
    Haberá tamén un taller de maxia o sábado ás 11 h, para o que é preciso inscribirse previamente. Así nolo contaron hoxe Javier Argüelles e Samuel Moreno, magos participantes neste festival.
    10 min
  • Espazo Comercio | Pet&Grow Shop
    Hoxe no tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI recibimos a Jairo Correa de Pet&Grow Shop, situado en Guillarei.
    Explicou os productos e servizos que ofrecen tanto para cultivos como para mascotas.
    5 min
  • Raíces e vangarda | Cociña para principiantes
    Hoxe no tempo de Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos prácticos para iniciarse na cociña, dende diferenciar os distintos tipos de arroz a saber facer un sofrito.
    Hoxe cociñamos arroz meloso.
    14 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…