A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia fai un chamamento este verán á doazón de sangue das persoas dos grupos A+, 0+, e 0-. Unha das unidades móbiles está hoxe xoves e o sábado, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui. As doazóns pódense realizarse ata ás 14.15 h e de 16 a 21 h, hoxe e de 10 a 15 h o sábado.
José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS animaba á veciñanza para que se achegue a doar e salientaba os bos datos de doazóns en Tui, que sobrepasan a media autonómica con 54 doantes por cada 1.000 habitantes.