Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Rebeca Fernández, de Ludikeka | Campamento de verán
    Do 22 de xuño ao 7 de setembro vaise celebrar na Macoca, en Ludikeka, un campamento de verán. Nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán gozar con xogos ao aire, de auga, ou excursións. Contan con opción 'madruga' e 'tupper'.
    Rebeca Fernández, de Ludikeka deunos todos os detalles deste campamento.
    5 min
  • Ent. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Motoclub Papaya | IV Ruta Mototurística do Meixón
    Este sábado día 30 célebrase a IV Ruta Mototurística do Meixón en Tui. Unha cita que busca dar a coñocer os principais puntos de interese de Tui e da contorna. O punto de saída será a rúa Compostela. Para participar é preciso inscribirse previamente no teléfono 670 60 13 22 ou o propio día da proba na saída.
    Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Moto Club Papaya déronnos hoxe os detalles.
    9 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Xornadas Señor Afranio
    Unha conferencia, a proxección dunha película, unha degustación de viños e un concerto conforman a programación das Xornadas Señor Afranio que dende este xoves e até o domingo se van desenvolver en Tui.
    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicaba como xurdiron estas xornadas e a programación que se vai desenvolver.
    9 min
  • Ent. Nuska Chousa, agricultora | Feira de Cultivos do Baixo Miño
    Nuska Chousa é agricultora e divulga en redes sociais consellos, trucos e comparte o seu día a día con máis de 100.000 persoas. Este domingo ás 12 h estará en Goián, na Feira de Cultivos do Baixo Miño, ofrecendo a conferencia "Compartindo saberes hortelás".
    Con ela conversamos hoxe.
    9 min
  • Ent. Íñigo Segurola, paisaxista | Feira de Cultivos do Baixo Miño
    Hoxe inaugúrase a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño na praza Pintor Antonio Fernández, en Goián. No acto participará o paisaxista Íñigo Segurola, padriño desta edición e conferenciante dunha charla mañá sábado ás 12 h, na mesma feira.
    Hoxe avanzou no programa Día a Día algúns dos contidos da súa conferencia e do seu proxecto Lur Garden.
    9 min
  • Ent. Francisco Narla, escritor | Presentación do libro Ultreia
    Hoxe ás 19.30 h no Espazo Sociocultural o escritor lucense Francisco Narla presentará a súa nova novela, Ultreia, nun acto organizado pola Libraría Espazo Lector Nobel coa colaboración da Biblioteca Municipal e forma do programa de actividades “Tui en Letras”.
    Francisco Narla desvelou hoxe algúns segredos desta nova novela, primeira dunha triloxía.
    8 min
  • Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente; e Patricia Vázquez, técnica forestal | Prevención de incendios
    As parcelas situadas en faixas secundarias deben estar limpas de biomasa antes do próximo domingo 31 de maio. Así o lembran dende o Concello de Tui.
    Por outra parte a parroquia de Guillarei foi declarada como Parroquia Priorizada no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA 2026).
    Coñecemos hoxe toda a información con Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente; e Patricia Vázquez, técnica forestal.
    12 min
  • Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xornada de Portas Abertas e Campamentos
    Xornada de Portas abertas e Campamentos de Verán son dúas das iniciativas que teñen en marcha dende a Escola da Banda de Música Popular de Tui.
    Hoxe Eloy Carrera, director da Banda, explicou que as xornadas terán lugar a próxima semana do luns 25 ao sábado 30. É preciso inscribirse previamente na web da escola.
    De cara ao verán organizan dous campamentos de verán, un deles musical, para persoas que xa saiban tocar algún instrumento.
    9 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Nuria Castro, presidenta de ACUBAM | Mostra de Cultivos do Baixo Miño 2026
    A praza Pintor Antonio Fernández de Goián acolle dende mañá e até o domingo a Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Será un escaparate ao aire libre para o sector do viveirismo e a planta ornamental, tan importante en Tomiño e no Baixo Miño, e referente tamén a nivel internacional.
    Non será só unha exposición, senón tamén un punto de encontro, de venda e de formación e divulgación. Tamén haberá espectáculos e non faltará a música.
    Así o destacaron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a presidenta de ACUBAM, Nuria Castro.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…