Tui acolle este sábado, unha das probas do V Campionato Galego inclusivo Slalom de Motounáutica, organizado pola Federación Galega de Motonáutica. Os participantes sairán dende o Centro Interfederado de Tui, a partir das 11 h. Nolo conta un dos organizadores, Carlos Estévez.
A Asociación Española de Síndrome Deleción 1p36, presidida pola tudense Eva Martínez, recibirá unha parte do premio que a presentadora galega Silvia Jato gañou onte no concurso “El cazador” de TVE. Servirá para poder investigar esta enfermidade rara.
O Bádminton Tui volve aos adestramentos no pavillón do Instituto San Paio, con aforo limitado e espazos acondicionados, seguindo os protocolos COVID-19. Nolo contou a súa presidenta, Marisa Giráldez.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiiu a fianis de xuño sentenza sobre a demanda presentada por José Antonio Quiroga, sobre o edificio Beira do Miño. Hoxe falamos con el.
O ordenador, o móbil ou a tablet serán o escaparate da XVIII Feira do Viño do Rosal. Un evento tradicional no municipio que este ano tivo que reinventarse e adaptarse a este nova realidade, cun formato virtual. A través da páxina feiradoviño.gal as persoas poderán asistir en directo as diferentes actividades programadas dende hoxe até o domingo. Coñecemos os detalles coa alcaldesa, Ánxela Fernández.
Música, humor, ritmo e comedia son as claves do espectáculo teatral “Concerto Singular” que a compañía Píscore interpretará ás 21 h, no Paseo da Corredoira.
Hoxe falamos con Félix Rodríguez, un dos actores-músicos.
Dende este venres e até mediados de agosto poderá visitarse na Oficina de Turismo de Tui, na praza de San Fernando a exposición "Pérdete polo rural" que pon en valor patrimonio existente nas parroquias tudense. Falamos da mesma co concelleiro, Laureano Alonso, e con Telmo Alfaya e Antonio Lago.
O concerto da Banda de Música Popular de Tui abre ás nove desta noite a programación de verán "Volvemos á rúa". Baixo a dirección de Eloy Carrera actuarán gardando a distancia de metro e medio entre músicos, nunhas novas condicións ás que tiveron tamén que adaptarse. Así nolo contaba hoxe o director.
Espectáculos teatrais, música e as tradicionais Festas do Cristo das Angurias conforman a programación de verán do Concello de Salceda. Preto dunha ducia de actividades culturais poderán seguirse ao aire libre na Praza do Concello, este xullo. Así nolo contou a alcaldesa, Loli Castiñeira.
As 12 deste mediodia comezou a reserva de entradas para os espectaculos da programación cultural para o verán 2020 en Tui que se vai celebrar baixo o nome de “Volvemos a rúa!”. A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente explicou como será esta nova proposta adaptada ás novas condicións.
12 min
About Día a Día
From the publisher's feed
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…