Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Sergio Alonso e Andrea González, músicos-Música no Claustro 2020
    A música volverá soar esta noite no Claustro gótico da catedral de Tui no festival Música no Claustro.
    Esta vez será con Gara Jazz Quartet, formado por: o guitarrista tudense Sergio Alonso, a tomiñesa Andrea González estudante de batería, o saxofonista coruñes Lois Rivera e o contrabaixista da Pobra do Caramiñal Miguel Piñeiro.
    10 min
  • Ent. Beatriz Fontán e Miria Banet - Música no Claustro 2020
    Dende o sábado estase a celebrar o festival Música no Claustro cun aforo de 60 espectadores por concerto, o que está brindar eventos cunha nova percepción. Amais onte comezou o obradoiro de bordado sobre fotografia con Miria Banet, gañadora da beca Eloy Gesto da Fundación de Artesanía de Galicia. Falamos con Miria Banet e Beatriz Fontán, da organización.
    12 min
  • Ent. Samuel Diz, dtor Música no Claustro - Primeiros concertos
    En menos dunha hora esgotáronse as 60 entradas dispoñibles para o concerto de apertura do Festival Música no claustro. A cita será mañá sábado ás 21.30 h con Gonçalo Cordeiro e Samuel Diz Preciasmente con Samuel Diz falabamos dos primeiros concertos deste ano, para os que cómpre reserva previa o día anterior de 10 a 14 h no 621 358 118.
    10 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Edición 2020
    Do 23 ao 27 de setembro Tui volverá concentrar as miradas do audiovisual coa celebración de Play Doc. Un festival que presenta unha edición adaptada as novas circunstancias, que amplía escenario e que brinda unha programación segura. Hoxe falamos con Ángel Sánchez, codirector do evento que se celebrará xa coa marca Rias Baixas Film Fest
    9 min
  • 300720 Inacio Vilariño de Fantoches Baj - Os romeiros do Caracol
    Fantoches Baj - Inacio Vilariño e Carlos Quintá - presenta ás 21 h no Paseo da Corredoira "Os romeiros do Caracol". Un espectáculo de teatro de monicreques baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. As entradas poden reservarse até as 12 h enterticket.es
    Forma parte da programación Volvemos á Rúa
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…