Este sábado comeza a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Terá lugar até o venres 7 de agosto. Será unha semana repleta de música e cultura no claustro da Catedral de Tui.
Esta nova edición estará marcada pola situación que estamos a vivir causada pola pandemia e onde a fonte de inspiración atópase no estandarte da confradia dos músicos da catedral. Este contén a imaxe bordada de San Roque, santo das epidemias. Así o explicaba Samuel Diz, director do festival.