Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Roi Casal, músico- Concerto en Tui
    Este domingo, ás 22:00, na rúa Compostela poderemos gozar co espectáculo “Músicas do Camiño” de Roi Casal que chega a Tui no programa Musigal da Deputación e que ademais, forma parte da programación “Volvemos á rúa”.
    Para poder asistir a este concerto é necesaria a reserva previa en enterticket.es.
    9 min
  • Ent. Pepablo Patiño, actor- Espéctaculo Acuario de Ghazafelhos
    Mergullar no fondo do mar, e coñecer o nome dos distintos peixes de xeito ameno e divertido é a proposta que fai Ghazafelhos no espectáculo Acuario.
    Ás nove desta tarde no Paseo da Corredoira terá lugar este espectáculo baseado no libro de poemas de María Canosa.
    Hoxe falamos cun dos integrantes da compañía, Pepablo Patiño:
    5 min
  • Ent. Eloy Carrera, director-Concerto da sección metal da Banda de Música Popular de Tui
    Mañá mercores 12 de agosto, a sección de metal da Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto na Praza de San Fernando, ás 21:00 h. O concerto terá unha capacidade para 100 persoas e débese facer reserva previa de entradas en www.enterticket.es, cun máximo de tres localidades por persoas.
    Así nolo explicaba está mañá, Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui
    8 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Emprego do remanente de tesourería
    O alcalde, Enrique Cabaleiro, recoñecía esta mañá en declaracións á nosa sintonía que persoalmente non lle gusta o acordo con respecto o uso do remanente de tesourería entre o Goberno Central e a FEMP, á espera de ter un informe completo en canto a interventora municpial se reincorpore tras as vacacións. Considera que castiga aos concellos pequeños coma é o caso de Tui.
    8 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector - Obradoiro Play Doc
    Do 23 ao 27 de setembro celebrarase unha nova edición de Play Doc. Precisamente o festival propón reflexionar sobre a actual situación que estamos a vivir. Faino a través dun obradoiro audiovisual que impartirá Eloy Domínguez Serén. Vai dirixido a á veciñanza de Tui e da comarca. O obxectivo é que a través de pequenas pezas audiovisuales acheguen a súa propia visión deste momento histórico provocado pola pandemia. Así nollo contaba hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.
    10 min
  • Ent Samuel Diz, director - Remate Música no Claustro
    Hoxe tras sete días de actividade remata a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Un evento que ao igual que moitos outros tivo que reinventarse debido á pandemia da COVID 19, e empregou precisamente a pandemia coma fío condutor. Hoxe ten lugar o derradeiro concerto a cargo de Miriam Latrece Quartet. Samuel Diz falounos deste eventos e fixo balanzo do festival.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…