Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,331 episodes available.
April 22, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación mércores 22 de abrilO Concello de Tui non ten comunicación oficial do número de casos rexistrados no municipio por COVI19. Así o confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro. Os últimos datos proporcionados dende o Centro de Saúde - referidos ao pasado venres - falan de 17 positivos. Por outra parte lembra que os contedores do lixo deben estar pechados e empregar luvas ou papel para abrir a tapa e depositar o lixo....more5minPlay
April 21, 2020Ent. Cristina Correa, alcadesa de Oia - Situación en Oia martes 21 de abrilLavar frecuentemente as mans, gardar a distancia de seguridade e levar a mascarilla son as principais medidas de protección fronte ao COVID-19 que recordou a alcaldesa de Oia, Cristina Correa. Destacou amais que o Concello continúa sen ningún confirmado máis por coronavirus....more4minPlay
April 21, 2020Ent. Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño - Situación no PorriñoO Concello do Porriño tomou as primeiras medidas de protección fronte ao COVID-19 antes de decretarse o estado de alarma. Así nolo explicou a alcaldesa Eva García de la Torre quen destacou as máis de 400 familias que están recibindo alimentos por parte do Concello, durante esta crise sanitaria....more14minPlay
April 21, 2020Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio - Fase final da tramitación do PEPCHAO Plan Especial do Conxunto Histórico de Tui entra na fase final de cara a súa aprobación provisional polo pleno da corporación. A pasada semana recibíase no Concello o informe sectorial da Dirección Xeral de Costas, o derradeiro dos informes sectorais que estaban pendentes. Agora encargouse xa ao equipo redactor a incorporación das suxestión realizadas neste informe favorable. O paso seguinte será a aprobación provisional do PEPCHA en xunta de goberno local. Logo será remitido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emita o seu informe. Así o explicaba o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso....more5minPlay
April 21, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación martes 21O alcalde de Tui, agradecía hoxe a participación en #SanTelmoNaCasa durante os últimos días. Por outra parte informaba que hoxe se incorpora ao concello unha terceira traballadora social para reforzar este departamento. Tamén precisou que os fondos que os concellos reciben do Fondo de Cooperación Local da Xunta se recibe anualmente e non é extraordinario para o COVID19....more5minPlay
April 21, 2020Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación martes 21 de abrilO Concello do Rosal convida a cidadanía a celebrar o Día do Libro, cunha programación especial a través da web do concello e nas súas redes sociais. Os pequenos e pequenas da casa poderán desfrutar de varios contacontos, mentres os aultos terán a súa diposición os audios con fragmentos de libros. Así o explicou a alcaldesa, Áxela Fernández....more3minPlay
April 21, 2020Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación martes 21 de abrilO Concello da Guarda suspende todos os eventos previstos até o 12 de xullo. Entre eles, atópanse a Alfombras Florais e a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Ademais, están traballando para que o concerto de Herdeiros da Crus, previsto para o 11 de xullo, se poida realizar a finais de verán. Detallouno o alcalde, Antonio Lomba....more5minPlay
April 21, 2020Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación martes 21 de abrilO Concello de Tomiño continúa con normalidade neste comezo de semana, así o expresou a alcaldesa Sandra González. Lembrou amais que seguen confeccionando as mascarillas de protección que se repartirán polo comercio local, e proseguen desinfectando o municipio....more3minPlay
April 17, 2020Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara torres de Tui - Aprendizaxe virtualA actividade educativa será, de momento, de forma virtual podendo no verán realizarse actividades de reforzo voluntarias. Así o informou o Ministerio de Educación e Formación profesional. Disto e do traballo que terán que realizar os e as docentes falamos coa directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui, Teresa Domínguez....more10minPlay
April 17, 2020Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - San Telmo na Casa IniciativasO Concello de Tui artellou unha serie de iniciativas para celebrar San Telmo na Casa. Mensaxes de músicos, felicitacións, sesión de música pola mañá, actividades para os cativos,... e algunha sorpresa... Amais o luns ás 20.30 h soarán as campás das catedral e das igrexas tudenses....more6minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,331 episodes available.