Durante esta fin de semana, Tui será o escenario da primeira edición da Avoa Galega Festival. Un Festival de curtametraxes "express" que se realizarán en 24 horas.
Falamos cos estudantes organizadores deste evento audiovisual, Alejandro Vargas e Esteban de Castro. Tamén, co produtor do filme "O que arde" Xabi Font, quen exercerá de xuíz.