Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,331 episodes available.
April 17, 2020Ent. José Ángel Fenrández do PP - Abandono do pleno extraordinarioA disconformidade tanto na forma coma no fondo cos asuntos que se levaban onte a pleno extraordinario, onde consideraban había unha merma nos dereitos dos concelleiros, levou onte ao PP a abandonar a sesión plenaria tras solicitar a retirada do expediente de créditos que se levaba a aprobación. Anunciaba que seguramente van impugnar os puntos tratados....more12minPlay
April 17, 2020Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación venres 17 de abrilO Concello do Rosal pon en marcha un servizo de reparto de comida para as persoas en situación de vulnerabilidade debido á crise sanitaria do COVID-19. Unha iniciativa que se vai xestionar a través dos Servizos Sociais do Concello. Así o sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández. Agradeceu tamén a colaboración das adegas para as tarefas de desinfección no municipio....more3minPlay
April 17, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación venres, 17 de abrilO pleno extraordinario celebrado onte, o informe favorable de Costas para o PEPCHA, e a celebración das festas de San Telmo na casa son os tres temas que abordamos hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more10minPlay
April 17, 2020Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación venres 17 de abrilO alcalde da Guarda, Antonio Lomba reuniuse cos portavoces políticos para valorar o que acontecerá cos eventos de verán. Indicou que este será aun ano moi complicado para o turismo....more4minPlay
April 17, 2020Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación venres 17 de abrilContinúa a oleada de solidariedade no Concello de Tomiño. A alcaldesa, Sandra González agradecía hoxe o traballo das persoas que están confeccionado mascaras de protección e tamén gorros sanitarios, que foron destinados ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Salientou amais o gran labor do comercio local....more5minPlay
April 16, 2020Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas - Situación xoves 16 de abrilO Concello de Salceda traballa na creación dun gabinete psicolóxico permanente que atenda os casos derivados do COVID-19 e que reforce tamén o apoio á infancia e aos colectivos vulnerables. Desta e doutras accións falamos coa alcaldesa, Loli Castiñeira....more6minPlay
April 16, 2020Ent. Martín Crusat da adega Vimbio - Viños solidarios para investigar a vacina fronte ao COVID-19Artisan Wine Attraction é o colectivo formado por preto de 50 adegas de España, Andorra e Portugal que se suma ás iniciativas solidarias cunha poxa dun centenar de viños, cuxos fondos irán destinados ao Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC para a investigación da vacina fronte o COVID-19. Forman parte deste colectivo a adega Vimbio do Baixo Miño. Falamos cun dos seus responsables Martín Crusat....more11minPlay
April 16, 2020Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación xoves 16 de abrilA alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández lembrou na nosa sintonía que os veciños e veciñas do municipio que se atopen en situación de vulnerabilidade, coma non poder realizar a comida diariamente, poden contactar co Concello a través do 986 62 50 00. Lembrou amais, a necesidade de continúar nas casas para superar esta crise sanitaria....more3minPlay
April 16, 2020Ent. Uxío Benítez, deputado e dtor AECT Río Minho - Estudo impacto económico no territorio do MiñoAECT Río Minho realizará un estudo de urxencia sobre o impacto socioeconómico que o peche de fronteiras provocado pola pandemia do Covid-19 está a ter sobre o territorio transfronteirizo do río Miño. AECT Río Minho. Así o explicaba hoxe o deputado e director da AECT Río Minho, Uxío Benitez....more10minPlay
April 16, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación xoves 16 de abril de 2020Tui é unha das localidades fronteirizas máis castigadas polo peche de fronteiras debido á pandemia do COVID 19. Así o afirmaba hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro. Por outra parte informaba o rexedor que ao pleno desta tarde lévase a aprobación de 700 mil euros para realizar o pago pendente a provedores....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,331 episodes available.