O Banco de Alimentos de Vigo realiza esta fin de semana a Gran Recollida, en toda a provincia. Aquí no Baixo Miño desenvolverase nos concello de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño.
Para levala a cabo precisan 30 voluntarios que colaboren recollendo os alimentos durante catro horas nos distintos supermercados participantes. desta fin de semana.
Os interesados e interesadas en ser voluntarios poderán dirixirse a SOS Tomiño Baixo Miño a través do teléfono 627 51 06 77.