No Concello de Oia continúa a normalidade desta situación. A Garda Civil e a BRILAT estiveron realizando nas últimas xornadas o control das estradas, confirmando o cumprimento do confinanmento.
Sí se están realizando saídas para autocultivo de produtos agrícolas. Amais dende o Concello lembran o apoio emocional que teñen en marcha, e o servizo de entrega a domicilio que levan a cabo para compras realizadas no comercio local.