Mañá comeza en Tui a formación presencial do proxecto “Extraordinarias” promovido polo Concello de Tui xunto á Fundación Cibervoluntarios e Zona From Facebook.
A concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, explicaba hoxe a finalidade deste proxecto.
As interesadas poden anotarse até ás 14 h no correo electrónico [email protected], no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no teléfono 986 60 39 49 ou no 670 245 633.