A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández lembrou na nosa sintonía que os veciños e veciñas do municipio que se atopen en situación de vulnerabilidade, coma non poder realizar a comida diariamente, poden contactar co Concello a través do 986 62 50 00. Lembrou amais, a necesidade de continúar nas casas para superar esta crise sanitaria.