Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,189 episodes available.
October 04, 2019Ent. Laura González Solla dos Scouts Alhoia - inicio xeira dos ScoutsComeza o inicio da xeira dos Scouts Alhoia, en Tui cun xogo ao aire libre, no Paseo da Corredoira, na porta do Seminario. Será mañá ás catro da tarde....more6minPlay
October 04, 2019Ent. Celso Rodríguez Fariñas - situación política na Guarda e botadura do VolanteiroMañá sábado pola mañá terá lugar a botadura do volanteiro O Piueiro, unha embarcación tradicional que recuperou a asociación O Piueiro. Deste asunto falamos con Celso Rodríguez Fariñas, da asociación O Piueiro. Tamén coma concelleiro de Converxencia Galega, falamos do pleno sobre Concepción Arenal deste luns, onde quedaron plasmadas as diferencias no equipo de goberno....more12minPlay
October 04, 2019Ent. Narciso Gabriel- Presentación do libro “Xosé María Blázquez. Diario escolar e desterro”Liceo Casino acolle a presentación do libro de Narciso Gabriel “Xosé María Blázquez. Diario escolar e desterro”, ás oito da tarde. Falamos co autor que nos describe os tres núcleos sobre os que xira o argumento do seu libro....more5minPlay
October 03, 2019Ent. José Monte, Narciso Luís Esteves, Silas Oliveira - Homenaxe mestre Sousa MoraisCunha sesión solemne e a apertura dunha exposición no Arquivo de Valença mañá comeza os actos de homenaxe ao mestre Sousa Morais. Amais mañá ás 22.30 h haberá un concerto da Banda Sinfónica do Exército Portugués no Teatro Municipal de #Tui. As entradas, de balde, poderanse retirar dende ás 22 h. Falamos da figura do mestre valenciano Sousa Morais e dos actos previstos con José Monte, vereador de Cultura de Valença, Narciso Luís Esteves, historiador, e co mesmo Silas Oliveira....more15minPlay
October 03, 2019Ent. Óscar Pazos Rodríguez autor “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia”Hoxe, a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle a presentación do libro “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia” ás oito da tarde.Falamos co seu autor, o xeólogo vigués Óscar Pazos que nos conta como Galicia convertiuse na gran mina de ouro do Imperio Romano....more12minPlay
October 03, 2019Ent. Juan Miguel Diz Guedes, voceiro C's - Rolda 100 díasJuan Miguel Diz Guedes, voceiro de Ciudadanos fixo hoxe balance dos 100 primeiros días da nova corporación municipal, que tomou posesión o pasado 13 de xuño....more19minPlay
October 01, 2019Ent. Reina D´Hoore- artista, terapeuta e coorganizadora de "I finding your way camino" - Saída dende TuiA iniciativa "I finding your way camino", o Camiño para mulleres estadounidenses en transición vital, está dirixido pola psicoterapeuta Patti Wiley e a artista e terapeuta Gestalt Reina D´Hoore. O proxecto reúne a dez peregrinas californianas que recorren o Camiño até chegar a capital galega. O obxectivo é dar apoio e axuda ás mulleres que se atopan nun momento de cambio na súa vida....more6minPlay
October 01, 2019Ent. Roberto Carrero, voceiro do PP - r/Concepción ArenalRoberto Carrero, voceiro do PP, cualificou de lamentable o pleno celebrado onte sobre a rúa Concepción Arenal, cunha postura enfrontada entre os grupos de goberno de PSOE e BNG, con berros e insultos. Dicía que o alcalde, ten a sartén sobre o mango para que se arranxe a situación caótica de Concepción Arenal. E mesmo consideraba que unha vez aclarada esta situación o que debería dimitir é o propio alcalde....more6minPlay
October 01, 2019Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - r/Concepción ArenalA división de posturas con respecto á rúa Concepción Arenal entre os socios de goberno na Guarda, PSOE e BNG, pode por en xaque a continuidade do propio goberno tras o tenso pleno celebrado onte á noite. O alcalde, Antonio Lomba, amosou a súa preocupación por este imaxe de división institucional que se traslada á rúa. Os desencontros entre os socios de goberno provocaron a actual parálise da obra pendente de rematar pola sinalización....more9minPlay
October 01, 2019Anxo Baz, tentente alcalde e voceiro BNG - rúa Concepción ArenalTras o pleno monográfico de onte sobre a rúa Concepción Arenal, o voceiro do BNG e tenente alcalde, Anxo Baz, explicaba que o seu grupo aposta por limitar o acceso rodado a esta rúa, permitindo só o tráfico de vehículos de servizo a unha velocidade non superior a 20 km/h, e que sexa un vial de prioridade peonil....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,189 episodes available.