Mañá celébrase a II Regata Internacional Eurocidade De Remo En Iola E Batel 2019 organizada polo Club Remo Tui.
O campo de regatas estará situado fronte ás instalacións do Centro Interfederado. As regatas terán unha distancia de 250 metros. As probas disputaranse dende ás 11 ás 19 h reunindo a preto de 200 deportistas de clubs de remo de España e Portugal, nas categorías infantís, cadetes, xuvenís, absolutos e veteranos. Pola noite amais terán música. E contan cunha gran carpa.
Da proba faláronnos Aroa Rendo e Diego das Dores