Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Laureano Alonso de En Marea - -Situación xoves 2 de abril
    Esta mañá na conversa cos distintos grupos da corporación municipal de Tui Laureano Alonso, voceiro de En Marea, e membro do equipo de gobernó, explica que dende o concello está a facer un traballo cos medios dispoñibles, e facía un recoñecemento as persoas que está a realizar o seu traballo estes días.
    5 min
  • Ent. David Vila - Corentena 99.8 Tomiño
    Corentena 99.8 Tomiño é o exitoso grupo de whatsApp creado por veciños e veciñas de Tomiño para organizar quedadas caseiras nos balcóns e ventás, durante a corentena. A través da frecuencia 99.8, pódese escoitar esta animada veciñanza que se reúne cada tarde de 19:30 até 21 h. A orixe e o obxectivo desta iniciativa nolo conta David Vila, un dos membros.
    7 min
  • Ent. Monste Mon, pta. Asociación de pais, familiares e amigos de persoas con TEA do Baixo Miño - Día Mundial do Autismo
    Cada 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo co que se visibiliza ás persoas afectadas por TEA, o trastorno do espectro autista. Sen saír da casa, podemos apoiar e concienciar sobre este enfermidade elaborando un molinete de cor azul e colocándoo nas ventás ou nos balcóns. Disto falamos coa presidenta de Un Máis, a Asociación de pais, familiares e amigos de persoas con TEA do Baixo Miño, Montse Mon.
    7 min
  • Ent. José Manuel Palacin de C21 -Situación xoves 2 de abril
    Na rolda de conversas que hoxe mantivemos cos grupos políticos na corporaición tudense o voceiro de C21 José Manuel Palacín, botaba en falla unha reunión informativa máis interactiva da xunta de voceiro, por exemplo por Skype. Ao tempo facía un recoñecemento ás persoas que están a traballar nesta crise e as vecinos por quedar na casa, e reunirse para aplaudir cada tarde.
    7 min
  • Ent. José Mtnez Tato de AndaTui - Suspendidas Andaina Eurocidade e adiado Camiño de Santiago Porto-Tui
    No mes de abril non se realizarán as andainas previstas no circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, debido a actual situación de confinamento. O mesmo acontece co percorrido do Camiño Portugués entre Porto e Tui que queda adiado para o próximo ano. O mesmo acontece coas andainas previstas por AndaTui para este mes. Pendente queda o que poida pasar coa Andaina Tudense prevista para o 30 de maio
    Dende AndaTui poranse en contacto con aquelas persoas que xa realizaron o pago das andainas.
    5 min
  • Ent. Juan Miguel Diz Guedes -Situación xoves 2 de abril
    Na conversa que hoxe mantivemos cos representantes de todos os grupo políticos da corporación Juan Miguel Diz Guedes, de C’s, indicaba que se está a realizar un bo traballo con responsabilidade tanto a nivel político, coma de traballadores e voluntariado. Explicaba que o alcalde lles informa das medidas que se van tomando e da axuda que está a chegar.
    6 min
  • Ent. Jose Ángel Fernández, PP -Situación xoves 2 de abril
    Hoxe conversamos tamén cos representantes de todos os grupos políticos presentes na corporación municipal.
    José Ángel Fernández, do PP, recoñecía que é un momento delicado no que hai que tomar medidas de urxencias. Dende o PP propuxeron unha serie de medidas como é a suspensión de tributos, e hai que tomar medidas para sectores estratéxicos unha vez remate a crise actual.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…