Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carme Nuñez do BNG - Situación 3 de abril de 2020
    Hoxe completamos a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui, con Carmen Núñez. Con ela falamos da situación en Tui, dende o punto político, cos labores que está a realizar o Concello, pero tamén coma médica de cómo está a ser o seu traballo no Centro de Saúde de Tomiño.
    5 min
  • Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Situación venres 3 de abril
    A alcaldesa de Oia, Cristina Correa lembraba que a veciñanza pode solicitar o servizo de entrega a domicilio de pedidos de alimentación nos comercios locais, e que o concello reparte de balde. Ademais, as familias que estean en situación de dificultade económica ou necesitan apoio psicolóxico poden solicitar axuda ao Concello no 986 36 21 25.
    2 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación luns 3 de abril de 2020
    A situación do sector do viveirismo e a planta ornamental de Tomiño atravesa un momento delicado xa que o 70% do seu negocio ten lugar nestes tres meses. Así o explicaba hoxe a alcaldesa de Tomiño, quen avanzaba varias iniciativas que trasladarán tamén a otras administración, xa que hai en xogo moitos postos de traballo neste sector.
    Lembraba tamén a sección “En Familia” que onte puxeron en marcha na web tomino.gal con recursos educativos para este periodo de confinamento.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación venres 3 de abril .mp3
    Os Servizos Sociais municipais están dando resposta as cuestións que van xurdindo día a día, dende un dos eido prioritarios, por este motivo en breve será contratada unha terceira traballadora social. Por outra parte paralizáronse as obras civís que se estaban a acometer, entre elas a humanización do barrio da Torre en Paramos co proxecto Deporemse. Mentres continúan as xestións administrativas na modalidade teletraballo. Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro.
    6 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación venres 3 de abril
    Son varias as actividades que propón o Concello da Guarda baixo o título "Participa compartindo" para facer máis levadeiro o estado de confinamento domiciliario. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba daba conta dos mesmos así como dalgunhas medidas do Concello para paliar os efectos económicos dos autónomos e pequenos empresarios.
    7 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación xoves 2 de abril
    Tomiño presenta "En Familia" unha nova sección na web municipal con propostas para as familias nesta situación de confinamento, para cativos de 6 anos, e para rapazada de 6 a 13 anos. É unha das novidades que avanzaba hoxe a alcaldesa, Sandra González. Tamén explicou que onte, en videoconferencia co presidente da Cámara de Cerveira, abordaron a situación dos traballadores transfronteirizos. E lembrou que están suspendidos os prazaos de solicitude de praza nas Escolas Infantís.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…