Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade de Tui - Un membro da policía local positivo por COID 19
    Un membro da policía Local de Tui vén de dar positivo por COVID 19. Así o confirmaba o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán.
    O Servizo de Prevención do Concello de Tui está avaliar as medidas que se aplicarán ao resto resto da plantilla da Policía Local. Para os outros axentes e para o persoal que estivo en contacto con este policía local lle serán solicitados os test, ao tempo que se procedeu a desinfectar as instalacións e vehículos da Policía Local.
    6 min
  • Ent. Luis Quinteiro Fiuza, bispo Diocese Tui-Vigo - Semana Santa
    As instalacións do Seminario Maior de Vigo da Diocese Tui-Vigo convértense no domicilio de corentena para as persoas sen fogar que están contaxiadas polo coronavirus. Una acción natural e nada extraordinaria en palabras do bispo Luis Quinteiro Fiuza quen salientaba na nosa sintonía, a boa resposta do conxunto da Igrexa, neste tempo de crise e lanzaba unha mensaxe de esperanza.
    9 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación mércores, 8 de abril de 2020
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosábase hoxe optimista ante a actual situación tendo en conta as cifras que se están a rexistrar tanto a nivel local coma estatal. Salientaba a importancia de seguir cumprindo co confinamento.
    O Concello de Tui está a traballar en moi diversos ámbitos nesta situación de estado de alarma na que nos atopamos. Os Servizos Sociais son un prioridade para prestar atención a todas aquelas persoas que neste momentos poidan precisar de axuda, e continúa tamén o traballo administrativo con case normalidade, ao igual que o labor doutros departamentos.
    Amais estánse a artellar iniciativas por exemplo para celebrar as Festas de San Telmo aínda que sexa dende a casa, e os máis pequenos serán hoxe os protagonistas aos que irán tamén destinados os aplausos das 20 h pola súa responsabilidade e bo comportamento. Así o solicita nun bando emitido onte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen tamén solicita que o ratonciño Pérez poida continuar o seu traballo estes días cando a un neno ou nena lle cae un dente.
    7 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación mércores 8 de abril
    O Concello de Tomiño aprobou onte unha partida de axudas para emerxencia social destinada a 5 familias do municipio con menos recursos. Ademais, procederase a desinfectar con ozono os vehículos das forzas de seguridade. Novidades que explicaba Sandra González, alcaldesa de Tomiño quen animou a participar no Festival #NaSantaCasiña que organiza a OMIX esta fin de semana.
    5 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación martes 7 de abril
    Dende o Concello de Tomiño están a traballar con ACUBAM para a posta en valor do viveirismo unha vez remate o estado de alarma, e segue a contactar con distintas administración para explicar a difícil situación que atravesa o sector.
    Por outra parte a OMIX e o voluntariado local elaboraron un vídeo titulado “A primavera non pasa” animando á mocidade nesta época de corentana. A alcaldesa, Sandra González, amosaba o seu agradecemento por esta iniciativa, e polo comportamiento de nenos e mocidade.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…