Tres efectivos da Policía Local deron positivo por COVID19, un deles está illado no seu domicilio dende a pasada semana, e a outros dous - asintomáticos- recibiron onte o resultado do test.
Por outra parte este xoves ás 20 h a corporación municipal celebrará pleno extraordinario segundo adiantaba o alcalde, Enrique Cabaleiro.