Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Jesús González, xerente de Utingal - Confección de máscaras de protección
    Na empresa tudense Utingal están a realizar dende este luns producindo protección faciais de acetato que están a entregar en distintos centros sanitarios. Así o explicaba o seu xerente, Jesús González.
    En concreto elaboraron un novo deseño co que os sanitarios poden levar as súas gafas de protección e por riba este novo sistema.
    Cada día conseguen fabricar entre 50 e 60 protección.
    6 min
  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación mércores 1 de abril
    Moita tranquilidade rexístrase no Rosal onde o Concello continúa mantendo o traballo presencial dos servizos mínimos, entre eles os Servizos Sociais, o servizo de limpeza que está levando a cabo a desinfección de edificios públicos e das rúas do municipio. Tamén segue activo o servizo de recollida de lixo con moita máis carga de traballo, debido ao confinamento domiciliario. Explicábao a alcaldesa, Ánxela Fernández.
    5 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación mércores 1 de abril
    O Concello da Guarda fai un chamamento a non depositar voluminosos na rúa e deixar o lixo sempre dentro dos contedores. Logo da campaña realizada en redes sociais, hoxe darán conta desta solicitude a través dun sistema de megafonía.
    Por outra parte explicaba o rexedor guardés que está cubertos en canto a material de protección, e continúan coordinando aos traballadores e voluntarios para facer fronte a esta situación. Tamén destacaba o alcalde a colaboración de Cruz Vermella, Conrazones e San Vicente de Paúl.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación mércores 1 de abril
    A BRILAT encargarse dende mañá da vixilancia de vella Ponte Internacional Tui-Valença pechada estes días tanto ao trásito peonil coma de vehículos. Estarán aloxados no Centro Interfederado. Así o informaba hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
    Tamén daba conta de que o Concello de Tui habilitou nun albergue privado prazas para transeúntes.
    5 min
  • Ent. Manuel Lopes, pte. da Cámara de Valença - Situación martes 31 de marzo
    Con tranquilidade continua a situación en Valença onde polo momento non teñen rexistrado máis positivos por Coronavirus, segundo explicaba o presidente da Cámara, Manuel Lopes. Situación que contrasta coa situación que se vive noutros puntos do norte de Portugal con moitos casos rexistrados.
    Nos próximos días en Valença comezará a funcionar o Drive Thru, o centro de realización de test do COVID 19 dende o propio coche.
    6 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación martes, 31 de marzo de 2020
    Na Guarda a medida que pasan os días, aumenta a experiencia na xestión desta crise e todo está maís coordinado. Así o expliacba o alcalde, Antonio Lomba. Incidía o rexedor en que dende o Concello está a dispor daquelas persoas que nestes momentos poidan precisar axuda.
    Onte na Comisión de Seguimento informaron que porán a dispor dos traballadores un servizo de axuda psicolóxica. E na praza de abastos hai un servizo de encarga e recollida da compra.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…