Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui- Situación luns 30 de marzo
    O novo decreto publicado onte no BOE non afecta prácticamente á actividade no Concello onde a área administrativa segue a teletraballar, hai quendas rotatorias en secretaría, servizos sociais segue a ser esencial, e o mesmo acontece con limpeza e desbroce de camiños, as reparacións urxentes de electricidade, e se paraliza o departamento de obras. Noutros servizos estase a funcionar en quendas. Explicábao o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen informaba da normalidade da fin de semana e facía un recoñecemento ao comportamento exemplar dos veciños.
    7 min
  • Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación venres 27 de marzo
    No Concello da Guarda tampouco teñen acceso aos datos referidos ao municipio sobre o número contaxios. O alcalde, Antonio Lomba, explicaba que non coñecer os datos de cada concello non lles permite actuar por exemplo na recollida do lixo específico a persoas en corentena ou con síntomas por coronavirus. Datos que insistía terán que ser sempre tratados con toda confidencialidade.
    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacaba o traballo que se está a levar a cabo para hixenizar a vila.
    10 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación venres 27 de marzo de 2020
    Tampouco en Tomiño teñen datos do número de contaxio no municipio, así o confirmaba a alcaldesa, Sandra González, quen insistía en seguir cumprindo a orde de confinamento.
    A alcaldesa Sandra González quixo agradecer hoxe o labor de todas as persoas que están colaborando de xeito voluntario de moi diversos xeitos, e aquelas que están aportando os seus tratores particulares para realizar a fumigación tamén polas parroquias.
    5 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcaldes de Tui- Situación venres 27 de marzo de 2020
    De agora en diante serán as autoridades sanitarias as que facilitarán, se así o estiman, o número de persoas contaxiadas por Covid 19 nos distintos municipios. O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba esta mañá que as autoridades locais xa non teñen acceso a estas cifras.
    Insistía o rexedor na importancia de, ao marxe dos casos, débense seguir as medidas establecidas para evitar o contaxio por coronavirus. As cifras, explicaba son sempre relativas xa que para coñecer o número exacto tería que realizarse o test a toda a poboación.
    10 min
  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación xoves, 26 de marzo de 2020
    Traquilidade no Rosal nesta xornada de xoves. Así o indicaba a alcaldesa, Ánxela Fernández, quen facía un chamamento aos pensionistas a que vaian a cobrar as pensións de xeito escalonado. A alcaldesa agradecía a colaboración que están a ter por parte da cidadanía.
    No Rosal continúan coas tarefas de desinfección e amais das rúas aplican tamén os produtos nos contedores de lixo. Seguen a contar coa colaboración das adegas.
    4 min
  • Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Situación xoves 26 de marzo
    O Concello de Oia recibiu onte a confirmación dun positivo por coronavirus no municipio. Trátase dunha persoa que pasou polo aeroporto de Madrid e que se illou e pode estar xa curada a falta do test confirmatorio pero seguirá illada unha semana máis. Así o explicaba a alcaldesa, Cristina Correa.
    Hoxe o concello porá en marcha un servizo de entrega da compra a domicilio en colaboración cos establecementos locais. Vai dirixido á poboación en xeral.
    4 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda- Situación xoves 26 de marzo
    Rutina é a que están a vivir os veciños e veciñas na Guarda neste estado de alerta sanitaria pola pandemia do COVID-19. Os servizos municipais do Concello continúan prestando axuda á poboación ao igual que o GES. Mentres, continúan os labores de desinfeccións nas rúas e tamén nos contedores. Daba conta desta información o alcalde, Antonio Lomba.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…