Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,335 episodes available.
November 29, 2019Ent. Yolanda Rodríguez, concelleira Facenda - Axudas afectados ParamosA corporación municipal de Tui aprobou onte por unanimidade a concesión de 662 mil euros en axudas a 12 afectados de Paramos para a reconstrución das súas vivendas na zona cero, ao abeiro da ordenanza municipal. A concelleira de Facenda, Yolanda Rodríguez, explicaba hoxe a tramitación realizada nestas axudas, que serán agora notificadas aos interesados e antes de final de ano serán aboadas....more17minPlay
November 28, 2019Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui e Tania Otero, membro da directiva Acitui- Black FridayAcitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui celebra mañá o Black Friday con descontos e cunha novidade: repartirán unhas rifas para o sorteo de 5 vales de 100 euros. O sorteo realizarase o próximo mércores 4 de decembro ás 11 h , na Radio Municipal. Unha iniciativa para #promocionar o comercio local....more6minPlay
November 27, 2019Ent. Laura González, Juan C. Feijóo do Padel 8 e Gemma Triay e Lucia Sainz campioas do Wopen: 3º aniversario Padel 8O Club Padel 8 de Guillarei, Tui celebra o seu terceiro aniversario esta fin de semana. O sábado pola tarde realizarán un clinic e o domingo pola mañá un partido exhibición. No evento contarán coa participacion das actuais campioas do Wopen de Santander, Lucia Sainz e Gemma Triay....more14minPlay
November 26, 2019Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos - ACITUI Black Friday e NadalSon distintas as iniciativas que ten en marcha a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI. Das mesmas déronnos hoxe conta Juan Carlos Blanco, presidente, e Manuel Santos, membro da directiva. A primeira delas será o Black Friday que celebrarán este mesmo venres. E logo prepáranse xa para a campaña de Nadal colaborando co Concello no Mercadillo de Nadal, realizando unha decoración corporativa da entrada dos comercios asociados e organizando un desfile de moda....more8minPlay
November 26, 2019Ent. Alejandro Da Cuña, escritor - Presentación de "Camino con historias"Alejandro Da cuña presenta o seu libro solidario “Camino con Historias” o próximo xoves 20:30 h no Teatro da Área Panorámica, de Tui. Historias tristes, divertidas e sorprendentes son a compilación do día a día de Alejandro Da Cuña, cando realizou o Camiño de Santiago....more11minPlay
November 26, 2019Ent. Andrea González, pianista e xestora musical - Top 100 Mujeres Líderes en EspañaA xoven tudense Andrea González foi elixida onte unha das "100 Mujeres Líderes de España". Un galardón a engadir aos tantos premios gañados pola súa carreira profesional....more10minPlay
November 22, 2019Ent. Cielo Martínez e Juan Gaisse de Rodríguez Gil y Asociados - Pleito contra o Banco PopularA primeira sentencia ditada por un xulgado de Tui obliga ao Banco Popular a devolver os 40.000 euros ao matrimonio tudense que, invertiu en bonos e accións no 2014....more15minPlay
November 21, 2019Ent. Alva Capón- Premio Xuventude CreaA xove tudense Alva Capón recibíu o premio Xuventude Crea pola súa serie de fotografías "Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa". Falamos hoxe con ela para saber máis do seu proxecto e da forma de vivir no mundo artístico....more10minPlay
November 21, 2019Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Actos 25N en Tui"Tui en negro" é o título da campaña que gallo do 25N pon en marcha o Concello de Tui. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, deu conta dos actos previstos que inclúen o acto institucional o luns na praza de San Fernando, a I Andaina Camiño á Liberdade, ou un curso de autodefensa para mullleres....more14minPlay
November 20, 2019Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Eurocidade e Río Minho NavegableO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirma que as Eurocidades son unha oportunidade única para levar adiante programas de cooperación transfronteiriza. Así o explicaba esta mañá na nosa sintonía tras participar onte en Tomiño no encontro sobre as Eurocidades da raia ibérica centrou onte as xornadas sobre “Políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño Transfronteirizo”. Tamén falou dos dous novos pantaláns cos que Tui contará dentro do proxecto Río Minho Navegable....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,335 episodes available.