Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui- Situación mércores 25 de marzo de 2020
    Debido á crise do Coronavirus non se celebrarán as Festas de San Telmo nin tampouco os actos da Semana Semana. Así o confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, logo de que o goberno tomase xa a decisión firme de suspender as festas patronais previstas do 11 ao 20 de abril. Lembraba que os impostos delegados no ORAL están aprazados e os de carácter municipal suspendidos. Crearán unha nova comisión de coordinación seguindo as indicacións do Ministerio. Tamén incidía en que o confinamento débese manter tanto no centro urbano coma no rural.
    9 min
  • Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui - Situación martes, 24 de marzo de 2020
    O Centro de Saúde de Tui leva a cabo, en coordinación co Servizo de Medicina Preventiva, o control dos catro pacientes de Tui illados no seu domicilio. O obxectivo do confinamento explicaba, o doutor Santiago Pose, é tanto para protexelos a eles coma aos demais.
    Dende hoxe reorganízase o acceso ao Centro de saúde de Tui de tal xeito que se pecha o acceso pola fachada principal onde aos pacientes con doenzas respiratorias acceden pola porta do PAC dos que teñen outras doenzas pola principal.
    10 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación martes 24 de marzo
    Rexistrouse un primeiro caso por coronavirus na Guarda. O paciente atópase no seu domicilio baixo a supervisión da área sanitaria de Vigo, así o indicou o alcalde Antonio Lomba, na nosa sintonía. Tamén lembraba o rexedor que as persoas máis vulnerables teñen a súa disposición o servizo de auxilio do Concello da Guarda.
    5 min
  • Ent. Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación luns 23 de marzo de 2020
    No Rosal recibiron esta mañá a primeira confirmación oficial dun caso de contaxio por Coronavirus. Así o explicaba a alcaldesa, Ánxela Fernández.
    No Rosal van iniciar labores de desinfección pese a falla de material con que contan. Este mércores celebrarán un pleno extraordinario para aprobar o recoñecemento extraxudicial para realizar os pagos pendentes a proveedores.
    5 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación luns 23 de marzo de 2020
    O Concello da Guarda adiará mentres dure o estado de alarma o prazos dos pagos de servizos, taxas ou impostos, e eximirá do pago daqueles que non se están a prestar coma a Escola Infantil. Esta é unha das medidas tomadas segundo adiantaba o alcalde da Guarda, Antonio Lomba. Esta mañá reúnese a Comisión de Seguimento creada para estudar tanto esta coma outras medidas adoptadas xa durante o estado de alarma, e outras que puideran levarse a cabo.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…