A corporación municipal de Tui está a tomar decisións consensuadas na actual situación que estamos a vivir. Falamos hoxe cos distintos voceiros.
José Ángel Fernández, voceiro do PP, lanzaba unha mensaxe de tranquilidade e responsabilidade, e destacaba o apoio incondicional ao goberno coa unión de todos os grupos políticos. Haberá que adoptar medidas de carácter extraordinario e urxente, dicía.