Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,189 episodes available.
July 11, 2019Ent. Sonsoles Vicente, Jose Monte e Andrea González - VII IKFEMO IKFEM tende ponte musicais entre Galicia e Portugal. Dende hai sete ano faino entre Tui e Valença, e neste 2019 tamén entre Tomiño e Cerveira. A música de instrumentos de tecla soará dende este domingo 14 até o domingo 21. Pero tamén haberá outras actividades coma cinema, mesas redondas, obradoiros,...e un desfile de moda na vella Ponte Internacional....more10minPlay
July 11, 2019Ent. Rubén López, Jorge Vicente e Rafael Yebra - IV Aula Internacional de SaxofónEste domingo comeza a IV Aula Internacional de Saxofón organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui. Unha véntena de persoas participarán nas clases previstas a cargo de Xosé Luis Miguélez, Rafael Yebra e Kyle Horch. Cada noite haberá concertos na praza de San Fernando, na igrexa de San Domingos e no Palco da Música na Corredoira....more7minPlay
July 11, 2019Ent. Manuel García Sendón, pte Culturmar - XIV Encontro de Embarcacións TradicionaisHai 26 anos que comezou a celebrarse o Encontro de Embarcacións Tradicionais que este ano recala na Guarda da man de Culturmar. O seu presidente, Manuel García Sendón, explicaba hoxe o singular da edición que hoxe comeza na vila guardesa....more8minPlay
July 11, 2019Ent. Joaquín Cadilla, pte. O Piueiro - XIV Encontro de Embarcacións TradicionaisA Guarda vive dende hoxe e ata o domingo o XIV Encontro de Embarcacións tradicionais, onde precisamente este barcos, fondeados xa no porto, son os grandes protagonistas. Está previsto un amplo programa de actividades con concertos, presentación de publicacións, visitas guiadas... O pobo está engalado para a ocasión con elementos mariñeiros. Así nolo contou Joaquín Cadilla, presidente de O Piueiro....more11minPlay
July 10, 2019Ana Mª Núñez Álvarez, concelleira de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio e MercadoHai menos dun mes que Ana Mª Núñez Álvarez está ao fronte de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercadono Concello de Tui. Hoxe contounos cales son os obxectivos e prioridades en cada un destes departamentos....more21minPlay
July 10, 2019Ent. Aloia Martínez e Rami Gº de Mistura Vocal - Participarán no Gran Premio NacionalMistura Vocal participará no Gran Premio Nacional de Coros logo de gañar esta fin de semana o Certame da Canción Mariñeira en San Vicente de la Barquera. Tamén levaron o premio do público. Hoxe Aloia Martínez, directora do coro, e Rami García, un dos integrantes, contáronnos a experiencia vivida na fin de semana....more8minPlay
July 10, 2019Ent. José Monte e Guti Martín - Experiencias Blue WaysExperiencias Blue Ways é o título do programa de actividades entorno ao río Miño que se vai desenvolver no Parque de Nosa Señora da Cabeça en Valença do 16 ao 28 de xullo. Serán gratuítas e non será precisa inscrición previa. Haberá paseos en bicicleta, kaiak, barco, paddleboard... Así nolo contaron hoxe José Monte, vereador de Desporto de Valença, e Guti Martín de Sherpa Project....more10minPlay
July 10, 2019Ent. Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal - XXVII Feira do Viño do RosalEsta fin de semana celébrase no Rosal a XVII Feira do Viño que contará como pregoeira con Almudena Alberca, a primeira Master of Wine española. O acto inaugural correrá a cargo da alcaldesa e do conselleiro do Medio Rural, e numerosas autoridades confirmaron xa presenza. Presentarase a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal que nomeará aos seus primeiros confrades. Da feira falamos hoxe coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís....more8minPlay
July 09, 2019Ent. Tino Baz, cantautor - Novo disco "Se cantan es tí que cantas"Este xoves ás 23 h na Guarda, dentro da programación do Encontro de Embarcacións Tradicionais o cantautor guardés Tino Baz presenta en concerto o seu novo traballo "Se cantan es tí que cantas". Hoxe presentounolo no programa Día a Día....more14minPlay
July 09, 2019Ent. Milucho Romero, CMVMC Areas - Andaina Nocturna coa lúa cheaA Comunidade de Montes de Areas organiza para este sábado, 13 de xullo, a Andaina Nocturna coa lúa chea. Sairá ás 23h dende o Centro Cultural de Areas, para realizar un percorrido dunha hora polo monte veciñal. Ao remate os participantes gozarán dunha chocolatada con rosca. Forma parte do programa Verán no Monte....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,189 episodes available.