Tui acolle o Festival de Teatro Grecolatino este mércores. Máis de 500 alumnos e alumnas dos institutos da provincia presenciarán dúas obras de teatro greco, a traxedia “Troianas” de Eurípides e a comedia “Anfitrión”, de Plauto. As dúas obras serán interpretadas pola Compañía de Teatro, Noite Bohemia da Coruña. O profesor do IES San Paio de Tui e concelleiro de Turismo, Laureano Alonso informounos amais das actividades organizadas polo Concello nesta cita coa historia clásica.