Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco e Quina González de Acitui - Campaña "Namórate de Tui"
    Unha cena para dúas persoas é o premio que concederá Acitui, Asociación de Comerciantes de Tui por mercar nos seus comercios. Trátase da campaña por San Valentín, “Namórate de Tui” que, durará até este sábado 15 de febreiro e que conta coa colaboración do Concello. Juan Carlos Blanco, presidente e Quina González dábanos hoxe os detalles para participar neste novo sorteo.
    8 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro e Manuel Rodríguez Lopes - 8º Aniversario da Eurocidade Tui-Valença
    Ás 21 h na Cámara de Valença terá lugar un pleno histórico xa que será a primeira vez en Europa que se reúnan nunha sesión plenaria as corporacións municipais de dous países. Será para conmemorar o oitavo aniversario da Eurocidade Tui-Valença.
    Deste acto, pero tamén da Eurocidade falamos hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Rodríguez Lopes.
    22 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - V Semana da Educación
    Dende hoxe até este xoves no Auditorio de Goián celébrase a V Semana da Educación de Tomiño. Co título "As novas fronteiras de educación, unha educación sen fronteiras”, Pepa Horno, Juan Llorca, Víctor Arufe e Lola López Mondéjar, impartirán as súas conferencias aos máis de 300 participantes. Sobre este tema falamos con Sandra González, a alcaldesa de Tomiño.
    7 min
  • Ent. Juan José Martín Álvarez, dtor Xeral de Xustiza - Traslado dos xulgados ao novo edificio xudicial
    Mañá mesmo comezará o traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio xudicial na praza de Galicia. Así o confirmaba hoxe o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, quen explicaba que se fará de forma progresiva en función das gardas, e estará completado a próxima semana. A meirande parte do arquivo en papel manterase transitoriamente na súa actual ubicación para realizar un espurgo.
    6 min
  • Ent. Raúl Ben - O single "La tercera parte”, nas plataformas dixitais
    “La tercera parte” é o primeiro single do músico porriñés Raúl Ben que hoxe estará dispoñible en todas as plataformas dixitais.
    O disco se completa con 10 cancións máis reunidas baixo o titulo de “Consejos vendo...” nas que traballou durante un ano coa colaboración do produtor tudense Sete Sousa. Tamén contou coa axuda dos musicos: José Bruno na batería, Alexandre Carrero ao baixo, Gonzalo Campanella á guitarra e Eva Monroy ao violín.
    10 min
  • Ent. Club de Manga e Anime Tuitaku do IES San Paio de Tui - II Comic-Con Tuitaku
    Dende ás 10 h, no IES San Paio de Tui, alumnos e alumnas compartirán o seu gusto polo manga e o anime na segunda edición Comic-Con que, organiza o Club Tuitaku do San Paio. Concursos, xogos de mesa ou Escape Room, protagonizan esta xornada que reunirá aos clubs do IES Valadares e Alenxandre Bóveda de Vigo, IES as Barxas de Moaña e o IES Escolas Provar de Nigrán.
    Ángela Fernández, Alba García, Gabriel Gómez, Aroa Pérez e Xabi Fernández son algúns dos membros do Tuitaku que, nos explicaron como se desenvolven estas "quedadas" que promoven a lectura.
    10 min
  • Ent. Eduardo Fernández, presidente de Biciosos - IX Eurocidade BTT
    O domingo 29 de marzo ás 9 h terá lugar a saída da IX Eurocidade BTT que agarda reunir novamente a 1.200 corredores.
    A inscrición abriuse este martes, e en 2 días levan xa 311 inscritos. Un dos principais cambios nesta edición é o carácter federado da proba o que conleva un incremento nos prezos de inscrición, para aqueles ciclistas sen licenza. Así o explicaba Eduardo Fernández, presidente de Biciosos o club organizador, e director da carreira.
    + info www.biciosos.gal
    10 min
  • Ent. Rita Álvarez e Sara Uris - Amoriños. II Encontro de Amores Diversos
    As Flores e o amor centran o segundo Encontro de Realidades Diversas. Amoriños que terá lugar mañá no local Das flores de Rita na rúa Ourense de Tui, a partir das 19 h.
    Un encontro organizado por Rita Álvarez das Flores de Rita coa colaboración da mestra especialista en diversidade sexual, de xénero e familiar, Sara Uris coas que falamos hoxe. Crear un entorno seguro onde os e as participantes relaten as súas experiencias persoais, é o obxectivo de Amoriños.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…