Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ana Mª Núñez e Mónica Novas - Charla "Como evitar as relacións tóxicas"
    Reflexionar sobre as relacións sociais e coñecer as ferramentas para detectar as persoas tóxicas do noso entorno é o tema sobre o que tratará a charla "Como evitar as relacións tóxicas", este venres ás 19:30 na Sala Xacobeo na Área Panorámica de Tui. Estará impartida pola psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero, Mónica Novas Dios coa que falamos. A concelleira de Igualdade de Tui, Ana Mª Núñez, organizadora desta conferencia indicounos que, esta charla enmárcasenas actividades de prevención da violencia de xénero. A entrada é gratuíta e poden inscribirse no correo [email protected] ou no teléfono e whatsapp 682 66 05 80.
    10 min
  • 18022020 Escola de nais e pais - Catherine L´Ecuyer "Importancia de educar no asombro e a realidade"
    É real a realidade virtual? a resposta tena a doutora en Educación e Psicoloxía, Catherine L´Ecuyer que, hoxe nos detallou as claves para educar no asombro e a realidade. Trátase da segunda charla da Escola de Nais e Pais "Pensando nunha nova educación", na nosa sintonía. De motivación e de mundo dixital tamén falamos neste espazo, organizado polo CRA Mestra Clara Torres.
    23 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - San Teotonio, orzamentos, sendo do Miño...
    O Concello de Tui recibirá hoxe a medalla ao mérito municipal en Valença. Será unha das tres medallas que conceda esta mañá á Cámara Municipal na sesión solemne que vai celebrar co gallo do Día de San Teotonio. Este foi un dos temas dos que hoxe falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Os orzamentos, a senda do Miño e o Pacto dos alcaldes polo clima foron outros asuntos abordados.
    10 min
  • Ent. Ismael Diz, Maxi Rodríguez e Carmen González . Cultiva a mente e coidandome
    Até o 3 de marzo está aberto no Concello de Tui o prazo de inscrición para o programa Coidand@-me" dirixido a coidadores familiares de persoas maiores dependentes. Do mesmo faláronnos hoxe Ismael Diz,concelleiro de Servizos Sociais, Maxi Rodríguez, psicóloga de AFAGA, Carmen González, traballadora Social do Concello de Tui. Tamén fixeron balanzo dos primeiros meses do programa "Cultiva a mente".
    12 min
  • Ent. Alfredo Conde, escritor - Presentación "Homes de ferro" en Tui
    Ás 19 h no Club Náutico San Telmo terá lugar a presentación do libro "Homes de ferro" de Alfredo Conde, editado por Ézaro Ediciones. Baseada en feitos reais, esta novela conta a historia de catro amigos irlandeses que navegaron dende Dublín até Coruña nunha embarcación tradicional, a “currach”.
    O propio autor contábanos que “Homes de ferro” mostra a peripecia que levarían a cabo estes homes de 60 anos na súa viaxe polo mar, durante 3 anos.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…