Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,189 episodes available.
July 08, 2019Ent. Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura de Salceda - Programación de VeránEstá en marcha a programación de verán do Concello de Salceda que arrancou coa Feira Medieval e o Entroido de Verán. Mañá haberá cinema ao aire libre como explicaba o concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, quen avanzaba tamén os pratos fortes desta proposta....more7minPlay
July 05, 2019Ent. José Manuel Quintana - Éxito de ascenso do Tyde a Primeira RexionalJosé Manuel Quintana, un home vinculado ao Tyde en moi diversos ámbitos, destacou hoxe na nosa sintonía o éxito do equipo que vén de ascender á Primeira Rexional. Trátase, explicaba, do éxito de toda unha xeración de xogadores nados na canteira do club que foi progresando ano a ano, e que a próxima temporada xogará en Primeira....more10minPlay
July 05, 2019Ent. Conchi Sales e Verónica Morais e Manuel Fernández - Concurso de Gaita e Tamboril e Día da MuiñeiraA Asociación San Telmo coa colaboración do Concello de Tui organiza dous eventos esta fin de semana. Mañá ás 20.30h no Pórtico da Catedral celébrase o V Concurso de Gaita e Tamboril, e o domingo ás 20.30 h no Paseo da Corredoira o VI Día da Muiñeira. O sábado no certame renderase homenaxe ao gaiteiro tomiñés Manuel Fernández. Hoxe falamos con el e tamén con Conchi Sales e Verónica Morais da Asociación San Telmo...more11minPlay
July 05, 2019Ent. Argentina Sousa e Rui Ferreira - V Open de Judo Eurocidade120 judocas de Portugal e Galicia van participar mañá no pavillón municipal de Valença no V Open de Judo Eurocidade dende ás tres da tarde hora española. Déronnos os detalles Argentina Sousa , presidenta, e Rui Ferreira, adestrador do JuValença...more8minPlay
July 05, 2019Ent. Óscar Díaz, director deportivo do CB Tui - 1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-ValEsta fin de semana celébrase o 1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Valença nos pavillóns municipais de Tui e Valença- Trátase dunha iniciativa da Asociación de Viana do Castelo e do CB Tui á que se sumaron a Eurocidade e a Federación Galega de Baloncesto....more5minPlay
July 05, 2019Ent. Sonsoles Vicente Solla - Concelleira de Ensino e Cultura en TuiA fronte das áreas de Ensino e Cultura no goberno municipal de Tui está Sonsoles Vicente Solla, quen hoxe indicou que está emocionada e ilusionada nesta etapa coma concelleira. Hoxe deu conta dos obxectivos que plantexa nestes dous departamentos....more11minPlay
July 04, 2019Ent. Alberto Magno Pereira de Castro - Presentación libro “Páginas Soltas de História de Valença do Minho"Alberto Magno Pereira de Castro presentará este sábado ás 16 hora española na Biblioteca Municipal de Valença o seu 18º libro titulado “Páginas Soltas de História de Valença do Minho. As instituçoes, as pessoas e os lugares”. No mesmo compila parte dos artigos publicados con carácter quincenal no Valenciano, e nos que aborda a historia de Valença. Así nolo explicaba esta mañá....more10minPlay
July 04, 2019Ent. Toñin Martin e Xacobe morais - Campus de Fúbol Sala Toñin MartínEstase a celebrar en Tui o Campus de Fúbol Sala Toñin Martín coa participación de máis dun centenar de nenos e nenas. Contáronnos como se están a desenvolver Toñin Martin e Xacobe morais....more14minPlay
July 04, 2019Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Persoal, Seguridade e Protección CivilJosé Ramón Magán é o concelleiro de Persoal, Seguridade e Protección Civil. Repite ao fronte destas áreas que xa dirixiu en 2015. Hoxe contonounos as prioridades que fixa para estes 4 anos....more15minPlay
July 03, 2019Ent. Lucía e Alberto Vázquez- 5Special5 Special é o nome da empresa especializada en roupa e accesorios de motos Vintage dos tudenses Lucía e Alberto Vázquez. Tras dous anos no mercado con deseño e fabricación dos seus produtos hoxe nos contaron en qué momento están. Veñen de estar nun evento de referencia en Francia, onde presentaron a súas creacións....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,189 episodes available.