Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Dr. Santiago Pose - Situación no centro de saúde de Tui Mércores 18
    O Centro de Saúde de Tui continua a funcionar coa normalidade que permiten as actuais circunstancias, as consultas realízanse preferentemente por teléfono ou en caso de ser preciso é o persoal sanitario o que se despraza ao domicilio do paciente. Así o explicaba o doutor Santiago Pose.
    Lembraba o teléfono de citas 986 60 18 00 ou de urxencias 986 60 19 36 e o teléfono de información sobre o coronavirus 900 400 116, e lembraba o autotest dispoñible en coronavirus.sergas.es
    Coa consulta telefónica evítase que as persoas con risco saían da casa
    5 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación martes 17
    En Tomiño vívese unha situación de tranquilidade sen a penas persoas na rúa. A Ponte Internacional da Amizade está pechada dende esta madrugada. Así o explicaba a súa alcaldesa, Sandra González.
    No concello estase a traballar en servizos mínimos e en teletraballo. Está garantída a atención telefónica e os Servizos Sociais están ao completo e prestando atención ás persoas máis vulnerables.
    7 min
  • Ent. Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación martes 17
    A alcaldesa do Rosal, Anxela Fernández, explicou a situación este martes 17 de marzo coa declaración do estado de alarma polo coronavirus. O concello mantén servizos mínimos e teletraballo. e faise un chamamento á veciñanza para por en coñecemento do concello a situación das persoas que poidan estar nunha situación vulnerable.
    6 min
  • Ent. Dr. Santiago Pose - Situación no centro de saúde de Tui Martes 17
    A resposta correcta da poboación cunha actuación responsable á e que destacaba hoxe o doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui. Lembraba que na web coronavirus.sergas.gal o SERGAS puxo a dispor da cidadanía un autotest do coronavirus.
    A poboación ten a dispor o teléfono informativo 900 400 116, o do centro de saúde de Tui 986 60 18 00 ou en caso de emerxencia 986 60 19 36.
    5 min
  • Ent. Dr. Santiago Pose - Situación no centro de saúde de Tui
    O doutor Santiago Pose enviaba esta mañá unha mensaxe de tranquilidade á poboación ante esta situación, lembrando que o centro está ao servizo da poboación, tentando dende o punto de visto sanitario protexer aos máis vulnerables que son as persoas maiores.
    Fan un chamamento á poboación a evitar aglomeracións no centro de saúde. Para iso as consultas serán telefónicas, salvo as urxencias e as que teñan que acudir ao domicilio do paciente. Diminúese o número de pacientes citados para as analíticas.
    8 min
  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Medidas Preventivas Coronavirus
    O Concello do Rosal suspende toda as actividades culturais e deportivas, seguindo o protocolo de prevención polo COVID-19. Suspéndese a atención ao público dos servizos administrativos no Concello e os trámites faranse de xeito telefónico ou a través de sede electrónica. Permanecerá aberto o rexistro de entrada, que se situará na planta baixa. O detallou a súa alcaldesa, Ánxela Fernández.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…