Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,193 episodes available.
June 20, 2019Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - O BNG non estará no goberno de TuiO BNG de Tui non entrará no goberno que preside o socialista Enrique Cabaleiro. Así o acordaron onte á noite tras un longo debate en asemblea, onde a decisión de non entrar no goberno tudense tivo só dúas abstencións e ningún voto en contra. Así o explicaba a voceira do BNG, Carmen Núñez....more7minPlay
June 19, 2019Ent. Hugo Lage, Buguina Turismo - Visitas Guiadas TuiEste sábado dan comezo as visitas guiadas "Free Tour" por Tui organizadas por Buguina Turismo. Serán de venres a luns e haberá dúas modalidades, unha ás 11.00h centrada no legado xudeo, e outra ás 12.30h que percorre todo o casco histórico da cidade. Non é necesario inscribirse, simplemente estar a hora de comezo diante da Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando....more9minPlay
June 19, 2019Ent. Antonio Blanco, delegado de Manos Unidas - 60 aniversario de Manos UnidasCunha serie de actos na Catedral este sábado Manos Unidos celebrará o seu 60 aniversario en Tui. Comezarán ás 18 h cunha Eucaristía de apertura da celebración presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, co acompañamento musical de Nuria Peláez, e logo con concerto a cargo da aula de órgano do Conservatorio de Ourense con Nicolás Varela, Carmen Valugo, David Maceira, Marta Vázquez e Roque Márquez baixo a dirección de Marisol Mendive. Así o explicaba Antonio Blanco, delegado de Manos Unidas....more7minPlay
June 19, 2019Ent. José Martínez Tato, presidente de Andatui - Andainas da EurocidadeO ciclo de andainas da Eurocidade acolle este sábado unha andaina que percorre tres concellos: Tui, Tomiño e Gondomar. Será unha ruta circular, de 9 km e dificultade mínima como eixo central, o Monte Tetón....more7minPlay
June 18, 2019Ent. Cristina Fernández Piña do Club Natación Baixo Miño - Campionato de Espala de Natación con aletasA tudense Cristina Fernández Piña do Club Natación Baixo Miño participará esta fin de semana no Campionato de España de Natacións con Aletas que se vai celebrar en San Feliu de Guixols. Participará nas probas de 50 metros apnea con mono, 50 metros e 100 metros con dúas aletas...more8minPlay
June 18, 2019Ent. Anxo Baz, BNG de A Guarda - Primeiros días trala investiduraAnxo Baz, voceiro do BNG da Guarda daba conta das súas sensacións dous días despois da investidura e tralo acordo co partido socialista que o converterá no tenente de alcalde. Apuntou que están moi ilusionados con este novo reto....more6minPlay
June 18, 2019Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia- Primeiros días trala investiduraA alcaldesa de Oia, Cristina Correa, nos falaba de como están a transcorrer os primeiros días trala investidura, dos que dicía que continúan a traballar,con normalidade, nos proxectos xa previstos anteriormente....more5minPlay
June 17, 2019Ent. Elías Vieiro, pte do Tyde - Ascenso a PrimeiraO Tyde certificou onte con victoria ante o Vilaboa por 4-1 o seu ascenso a Primeira Autonómica a próxima semana. Hoxe falamos co seu presidente Elías Vieiro....more6minPlay
June 17, 2019Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Primeiro día tras a investiduraTras a investidura do pasado sábado a de hoxe está a ser unha xornada intensa para a nova alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís do BNG, que gobernará con maioría absoluta. Estas primeiras horas están a reunirse cos traballadores, buscando establecer a organización interna, pero tamén teñen xa as primeiras reunións de traballos sobre proxectos....more3minPlay
June 17, 2019Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Primeiros días tras a investiduraAntonio Lomba segue ao fronte do Concello da Guarda tras ser investido como alcalde o pasado sábado logo do acordo co BNG para gobernar en coalición. Explicaba que será a primeira vez que o equipo de goberno estará conformado por 10 concelleiros. Precisamente estes primeiros días serán para a reorganización interna de delegacións, espazos… prestando tamén atencióna próximos eventos que se van celebrar, e obras pendentes....more4minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,193 episodes available.